Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
O- todos debaixo do esquelete da balea
Índice desta entrada:
0- foto de grupo no museo da SGHN de Ferrol o día 18
.................................................................................
1- extraescolar do día 2
2- a extraescolar do día 9
3- O día 12 tivemos que facer o Belén Vivinte porque o 20 son eleccións e a escola está ocupada (faltan por subir fotos),
o Tió catalán que trouxo o doce da festa, e o Olenzero vasco que tróuxo 2 xogos de billardas para a escola e tamén fixemos a festa.
4- o martes rematando as bolsas do Apalpador, viñeron a axudar pais.
5- a extraescolar do día 18 foi unha saída familiar:
a visita ó museo de Ciencias da SGHN de Ferrol
6- despois de visitar o museo un neno e unha nena foron levar as tarxetas postais de todos a Correos
....................................................
1- Extraescolar do día 2: termináronse parte dos abetos de Nadal que propuxo Carmen e xogamos a "xogando ó escondite, no bosque..."
2- extraescolar do día 9:
os pequenos trasnos tamén idea de Carmen,
coa axuda de Susana e Loli...
Mentres se ían facendo galletas das que se fan en Centroeuropa por San Nicolás, con Mari Carmen...
Graciñas a todas!! Foi estupendo, anque as monitoras non dábamos feito...
3- O sábado día 12
faltan fotos do belén, da representación da noite do Apalpador,
do Tió catalán, do Olenzero vasco...
O Tió tróxonos o doce da festa
O Olentzero tróuxonos para a escola 2 xogos de billardas.
GRACIÑAS A AMBOS!!!
4- O martes estivemos rematando nas bolsas do Apalpador viñeron a axudar pais e os de 4 anos rematáronnas. Os maiores fixérono nos días seguintes, no horario escolar, pero van eiquí
porque case toda o fixeron en extraescolares.
A última rematouse o día 21.
POR FIN TODAS REMATADAS!
5- A extraescolar do día 16 foi unha saída: a visita ó museo de Ciencias da SGHN de Ferrol que as familias da escola levaban tempo demandando. As familias da escola de Lago queren facer saídas coa escola e para que poidan ir a maioría hai que facelas fora de horario de traballo. Berta foinos explicando pero non quixo fotos,
por iso non a vemos!
6- As tarxertas postais que se fixeron aproveitamos a que as levaran a Correos 2 encargados, despois de ver o museo.
Gracias por todo Sabela.
ResponderEliminarQue interesante e que bonita a excursion
ResponderEliminar