Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
O-
Índice desta entrada:
0-
.................................................................................
1- Extraescolar do día 2: cursiños de radio
2- Extraescolar do día 9, un empuxón ós cadros dos pais
3- Extraescolar do día 16, pintado de ovos soprados
xogos do dragón e do oso.
4- extraescolar do día 30, inicio doutras manualidades.
....................................................
1- Extraescolar do día 2
2 cursiñoa de radio impartidos por Toni e Ana de Radio Campus Culturae do universidade de Santiago, gañados por traballos de radio feitos para o dia Mundial da Radio 2015 e 2016.
De 4 a 6 da tarde estiveron os nenos-as da escola e 2 nais que tamén axudaron cos nenos-as pequenas.
Fixemos exercicios de preparación para a locución falando cun lapis na boca e decindo aaaaeeeeiiiooouuu unidos para aumentar a nosa capacidade respiratoria.
Tamén vimos como se fai un guión radiofónico
Despois preparamos anuncios para gravar, de 2 en 2.
´Ó 2º curso asistiron ex-alumnos e 2 ex-nais e os de 1º e 2º da escola. Primeiro explicáronnos como usar o programa gratuito "Zara Radio" para poñer a sintonía, músicas, entrevistas, indicativos etc .
Despois de que os ex-alumnas fixeron algo de preparación á locución volvéronse facer anuncios, exercicios de control da mesa de control dos micros, etc... para rematar preparando indicativos e gravándoos.
Lanzáronse e foron facendo un montón de gravacións...
Ó final mesmo os exalumnas `recordaron como xogaban cos zancos!.
Todo un éxito!!!
Graciñas a Campus Culturae
e a Toni e Ana!!!
debuxos que fixeron despois sobre o curso de radio
2- extraescolar do dia 9, completar nos cadros de legumes,
tamén Candela
3- Extraescolar do día 16 iniciar o pintado de ovos e algunha e Sara rematar cos legumes:
As ex-alumnas leváronse os cadros de legumes, xa rematados, despois de escribir tamén por detrais.
volta a xogar pola tarde ó dragón e o oso
4- extraescolar do día 30
Co apoio de Lola e Susana iniciamos novas manualidades con pel de laranxa, tubos de papel hixiénico, papel de periódico...
No hay comentarios:
Publicar un comentario