Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
0O- O Maio-sillón
O- 3 Maios-nenas (foto de Carmen Vega)
Índice desta entrada:
0O- O Maio-sillón que fixemos para celebrar os Maios coa AVV de Lago
0- Os Maios-nenas que se fixeron para celebrar os Maios coa AVV de Lago
.................................................................................
1- Extraescolar do día 4
2- Extraescolar do día 11
3- O día 14, sábado, celebración dos Maios coa AVV
(sen rematar de subir)
4- Extraescolar do día 18
....................................................
1- Extraescolar do día 4
rematando cousas e xogos populares
2- Extraescolar do día 11
rematando cousas, xogos de mesa e fora corda e chapa.
Mauro, Alba, Jimena e Lucía.
3- O sábado día 14 os Maios coa AVV
Houbo que montalos pola mañá, como chovía cando se recolleron as flores e plantas houbo que secar todo primeiro
(con toallas e secadores) para montar os Maios
Eleximos facer os Maios-nenos para acercarnos á tradición de Pontedeume e o Maio-sillón para acercarnos á tradición de Ferrol.
Subímolos ó local da AVV para celebrar os Maios todos xuntos.
Graciñas por invitarnos!
Graciñas por invitarnos!
A AVV fixo fermosos Maios no seu local ós que engadimos o noso sillón.
Os seguintes 3 mosaicos son con fotos de Carmen Vega
Os seguintes 4 mosaicos son con fotos de Lola
foto sacada do vídeo dos pais de Marta
Na nosa actuación houbo que facer adaptacións de última hora pois non viñeron 1 neno e 1 nena dos maiorciños. A cantiga nova con palmas xa non se fixo rodando en corro, nin noutra en grupos de 3 en 3, senón todos xuntos. Na copla individual dos de Primaria, Montxo sustituiu a Elena. E foron Lía e Jimena (que por certo o estaban desexando) cos traxes-Maio suplindo a Elena e Mateo que o elexiran.
Finalmente, adaptado, fíxose todo o previsto.
1º: cantiga nova con ritmos, que argallou Sabela
1- Xa chegou Maio
que gusto nos dá
vimos todos xuntos
pra vos cantar.
2- Cantarvos o Maio
que gusto nos dá
vimos da escola
pra participar.
3- Os Maios de Lago
ímosvos cantar
coa Asociación,
que gusto nos dá.
4- A escola de Lago,
de Valdoviño,
ven moi contenta
con vós Maiear.
5- Que gusto nos dá
vírvosvos cantar
este Maio ledo
pra participar.
6- E aproveitamos
pra agradecer
que a nosa escola
nos deixedes ter.
( A nosa escola é pública pero o local onde estamos é do edificio da AVV, eles tamén nos prestan o seu local para facer Educación física, Música e festivais... por iso a escola llelo agradece enormemente)
4- A escola de Lago,
de Valdoviño,
ven moi contenta
con vós Maiear.
5- Que gusto nos dá
vírvosvos cantar
este Maio ledo
pra participar.
6- E aproveitamos
pra agradecer
que a nosa escola
nos deixedes ter.
|
1- Xa chegou Maio
que gusto nos dá
vimos todos xuntos
pra vos cantar.
2- Cantarvos o Maio
que gusto nos dá
vimos da escola
pra participar.
3- Os Maios de Lago
ímosvos cantar
coa Asociación,
que gusto nos dá.
|
4- A escola de Lago,
de Valdoviño,
ven moi contenta
con vós Maiear.
5- Que gusto nos dá
vírvosvos cantar
este Maio ledo
pra participar.
6- E aproveitamos
pra agradecer
que a nosa escola
nos deixedes ter.
|
Tamén se fixo:
cantiga popular dos Maios de "Seguindo o costume do ano pasado...·"
cantiga da poesía "O Maio" de Alvaro Cunqueiro
"Erguete Maio que tanto durmiches..." popular
"Maio, Maio, Maio florido..." popular
e a poesía de "Galicia" de Manuel María
Houbo despois estupendas actuacións de agrupacións do Ortegal, de Sada e a de Lago...
Foi todo estupendo e despois a AVV invitou a ...
(sen rematar de subir)
4- Extraescolar do mércores día 18
Yasmín rematou algún dos agasallos e Candela case de todo...
Logo empezamos cos bailes de fin de curso e
1 conto e unha lenda para rematar.
5- Extraescolar do día 25
aproveitando caixas e os deshidratados que quedaban, fixéronse composicións e broches coa a xuda de Mari Carmen e Susana, ademais de ensaiar algo nos bailes para a maratón de fin de curso e de facer xogos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario