Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 5 de mayo de 2012

Dálle que dálle na escola de Lago- MAIO 2012

Actividades voluntarias fora do horario escolar

O día 1 de Maio, Alberto púxose a preparar a urdime no tear (nos locais da AVV de Lago) e invitounos a ir ver como se fai. Como era festivo só poideron ir a mitade dos pais e nenos pero ningunha avoa poido ir... Foi unha pena porque é un traballo moi interesante.
Preparar a urdime é un longo proceso de pasos moi precisos e medidos se se quere texer sen problemas ...  e non se rematou nese día.
O día 8 Alberto sigueu ata preparar para empezar a tea e logo vimos como Cris se vestía un traxe dos que texeu el. A saia era de estreno!! Fomos velo 3 persoas da escola. Graciñas Alberto por toda a túa disponibilidade e axuda!!!.
Traballos finalizados xa, neste curso, por exalumnas.
O día 28 na radio

 Tivemos de invitados aos da Carreira 1

 Veu Elvira a contarnos cousas doutros tempos...

martes, 1 de mayo de 2012

Dálle que Dálle na escola de Lago- Abril 2012

        Iniciamos un novo blogue para as actividades extraescolares, complementarias, e voluntarias, que Sabela Díaz Regueiro fai, contando coa colaboración da ANPA da escola de Lago do CRA Esquío de Valdoviño, escola onde ela é titora desde o 2005-06.
Estas actividades hai anos que se fan e aparecen algo reflexadas en medio das actividades da escola, no blogue do CRA
http://obloguedocraesquio.blogspot.com.es/search/label/ESCOLA%20DE%20LAGO, desde o 8 de maio do 2010, cando se iniciou o blogue da escola de Lago.         
          Estas actividades fanse en xoves pola tarde de 4 e cuarto a 6 e cuarto: manualidades-artesanía e xogos populares, ou saídas polo contorno ou actividades relacionadas coas tradicións artesanais ou agrarias con algo máis de horario do xoves, e nun luns ao mes, en Radio Filispim, en Ferrol. O programa de radio da escola de Lago  é "Dálle que dálle nas Ondas" iniciado en febreiro 2011, no que procuramos que participen 4 xeneracións (nenos-as, pais-nais, avoas-ós e bisavoas-ós) en relación cos temas traballados nese mes na escola.
             No programa de radio son os pais-nais quen conducen os aparellos da radio (Martín Dosil, Patricia López Pita e agora Xaime Castrillón, con apoio de Sonia Bogo en moitos momentos e en situacións apuradas compañeiros de Radio Filispín -que foron os que nos ensinaron inicialmente- teñen vido a sacarnos do apuro, o que lles agradecemos enormemente, claro!!!)  e Sabela conduce a intervención dos participantes según o organizado esa mañá na escola, entre nenos-as, Patricia e Sabela. Patricia e Ana teñen feito a presentación inicial de cada programa pero normalmente foi quedando Rosa de iniciadora. Temos de Sintonía  a cantiga "O mundo da escola queremos cambiar" de Rico Verea e outros.
           Este curso tamén foron de invitadas as outras escolas do CRA: A Carreira 2 en novembro, Vilaboa en decembro, Vilarrube en xaneiro, Taraza en marzo e a Carreira 1 ten previsto facelo en maio. Participan cunha pequena intervención preparada coa profe de música, Cristina Pico, a profe de inglés Mariluz Alonso e coa colaboración da maioría dos titores en cada caso: Sita González, Elisa Fraga e Guillermo Gómez... e Pilar Taboada que o fará en maio.
          Os transportes á radio son feitos polos pais-nais.
Este mes o día 26, por fin,  empezamos a mazar, etc, parte do liño (que sementamos e cultivamos o curso pasado nun proceso de abril a agosto, reflexado no blogue da escola), baixo as directrices da avoa Elvira e despois de ver un vídeo sobre o proceso do liño que tan xenerosamente nos pasou Alberto (Alberto fai teares no local da AVV de Lago, ó pé da escola). El foi, tamén quen nos prestou a ferramenta para traballar a planta do liño para transformala en fío. Graciñas mil a Elvira e Alberto!!!

Foi o primeiro intento, agora que temos algo de idea, seguiremos facendo incluso no horario escolar.
O día 30 de abril fomos á radio ao noso 14º programa "Dálle que Dálle nas Ondas" cos nenos e o noso 16º en total, e acompañáronnos a avoa Chelo e a bisavoa Madalena contándonos aspectos da súa vida relacionados coa casa e a familia, tema que estivemos traballando na aula.
Sempre é importante o que as xeneracións de avoas-os e bisavoas-os nos aportan. Eles dannos a pincelada importante de: de onde vimos... para aprender a situarnos na vida de hoxe.
Ademais Madalena e Chelo nos aportan que hai que manter sempre interés por todo e acadar a enerxía para non deixarnos apabullar por nada!!! Graciñas mil!!!! O seu saber estar na vida son unha lección en sí...