Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


viernes, 9 de octubre de 2015

Dálle que dálle na Escola de Lago- Outubro 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


Índice desta entrada:
 0- 
1- a extraescolar do día 7
2- a extraescolar do día 14
3- a extraescolar do día 21
4- a extraescolar do día 28
....................................................

1- Extraescolar do mércores día 7

2- Extraescolar do día 14
e o avó Vicente empezou a ensinarnos a facer nós mariñeiros.
Despois, ademais de xogar ó peón, á corda, etc,
miramos o ovo goro que nos tróuxo Candela.
Os ovos goros que poñen algunha vez na vida os galos (noutros sitios chámanse golos) non teñen xema ademais de ser moito máis pequenos que os ovos de galiña.
Ó final a clara do ovo goro caeulle a Sabela! Vaia Sabela!
Nesta zona cando algún ovo chocado por unha galiña non  eclosiona,
 chámase ovo goro.
en Internet limos que cando un se equivoca dise que golou o ovo...
e cando alguén é enganado dise que  gora o ovo...


3- O día 21 funcionaron moitos obradoiros:
de pintura con Carmen a nai de Jimena, de broches con Carmen a nai de Lía, e teares, bolsas de Apalpador, cadros de cartoliña, etc...
 con Susana, Laura e Sabela.
Antía rematou o seu tear e Candela tróuxo froitos do erbedelo
  para que probáramos. Graciñas Candela, sempre nos traes novidades!!
Estes froitos gústanlles moito ós paxaros e ós osos pardos 
(lembrade o escudo de Madrid  co oso e o "madroño")

O érbedo, albedro (de aí parece proceder o nome do aeroporto de Coruña: Alvedro), moroteiro, morodoeiro, amoroqueiro, morongueiro, érbedro, esbedro, erbedelo ou erbedeira é unha árbore (nome latino Arbutus unedo, que fai referencia a comer un só froito) que curiosamente ten froitos e flores ó mesmo tempo, as flores dun outono serán as froitas do outono seguinte. As bagas son comestibles cando están maduras, ben vermellas. Ó madurar producen a fermentación dos zucres da froita na mesma árbore e poden conter algo de alcohol. Por iso dise que emborrachan cousa un pouco esaxerada pero en Madrid usában os froitos maduros para cazar paxaros para cociñalos
pois os paxaros aparbábanse ó comer os amorotes.
Tamén conteñen taninos. Os froitos: morotes, amarotes ou amorodos, teñen propiedades moi beneficiosas 
pero tomando poucas en cada toma.
O bosque de érbedos chámase erbedal ou erbededo.
 Na serra do Caurel, en Galicia, quedan érbedos silvestres.
As súas follas recordan as do loureiro.
É unha árbore mediterránea.
Dí a mitoloxía que cando Heracles (Hércules) matou a Xerión (lembrade a lenda da Torre de Hércules) do seu sangue  naceu unha árbore que daba flores e froitos vermellos ó mesmo tempo, cando as Pléiades lucían máis fermosas no ceo, na constelación de Tauro,
 polo que se deduce que esa árbore é o érbedo.
mosaico de fotos, referidos ó érbedo, extraidas de Internet para servicio escolar:

4- O día 28 na extraescolar Lucía fixo o colar, pois non veu pola mañá, e fixéronse nós mariñeiros, pintura buscando tonos das cores,
seguíuse cos broches, cadros, bolsas... Estiveron todo o tempo Vicente, Carmen, Mari Carmen, Susana e Sabela.
Candela volveu traer froitos do érbedo e Vicente díxonos 
que eiquí se chama esbedro...

 Observamos coma cambia a cor da auga se metemos nela unha pelota de cor. Anque na foto non se aprecia moito...
Algúns  remataron traballos...