Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


miércoles, 3 de octubre de 2012

Dálle que dálle na Escola de Lago- Outubro 2012

Actividades voluntarias fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
 
 Resumo desta entrada:
1- saída familiar ó museo etnográfico da Capela
             2- o 17º programa de Dálle que dálle nas Ondas         
 3- 1´ª tarde de barro  
4- 2ª tarde de barro
5- merendola de cogumelos o día 25
6- o frigo
 
O día 4 de outubro, despoia de visitar, no horario escolar,  as exposicións de xoguetes infantís no colexio da Capela, contado en: http://escoladelagocraesquio.blogspot.com.es/

1- Fomos ver o museo etnográfico da Capela, que tamén tivo a súa orixe no colexio debido a un fermoso traballo do profesorado e alumnos coa colaboura de pais e veciños recuperando e poñendo en valor o seu magnífico patrimonio cultural Rural.
Guiáronnos polo museo e parque etnográfico do río Sesín, Duarte e Secundino, quen nos contaron interesantes cousas, sobre costumes e usos na vida desta zona, que non están tan lonxanas no tempo pero sí son moi diferentes á vida que vivimos hoxe.
Os mosaicos de fotos foron feitos coas fotos da cámara de Mónica pois a de Sabela no colexio acabou a batería...
  A cociña da casa rural coa lareira e os seus utensilios
a fresqueira, o fregadeiro, o forno, o muíño de mao

o tres pés, a nateira, as pesas... a salazón...
moer, cocer o pan, picar o toxo para as vacas... a pedra de toelo que se atopa de Pantín a Moeche.
Ichó, ou trampa para cazar perdices ou panterlo para pillar paxaros, espanta xabaríns, etc... todo un mundo de inxenio!!!
O liño, a lá, o tecido

Os cuartos de dormir
Os oficios: Zoqueiros, zapateiros
carpinteiros, ebanistas, cesteiros...
Serradeiros, paragüeiros, barbeiros...
A labranza
e ó final os ferreiros
finalmente onde se ferran as vacas e o paseo polo
parque etnográfico do río Sesín
que conta como se facía o carbón vexetal coa leña do monte para vender para as cociñas das vilas, ou a variante do carbón para uso dos ferreiros. Móstranos como se collía a casca do carballo para as fábricas de curtidos, os trobos ou colmeas para recoller mel, as curripas para as castañas, os muíños de auga para moer cereais... todo un mundo de aproveitamento sostible do  que ofrecía o medio natural, para axudar na precaria economía familiar labrega.
(Iremos subindo máis fotos e poñendo máis comentarios)
Esta visita fíxonos apreciar a importancia das escolas como estímulo para a propia sociedade e salientounos o gran valor que ten pertenecer ó mundo rural con orgullo e autoestima. Este colexio é un exemplo de que a escola non ten porque ser un gueto aparte da sociedade, como o é normalmente, senón un lugar de crecemento e aprendizaxe ben inmerso na cultura da que forma parte desde tempo inmemorial para logo mesmo impulsala no seu avance natural e cultural poñendo en valor as nosas tradicións e buscando novos aproveitamentos sostibles. É un orgullo contar con experiencias así...
Graciñas mil ós impulsores de todo isto!!!!

2- O día 8 fomos á radio a facer o 17º programa de Dálle que dálle nas Ondas. Axudounos Fran (do programa Sonido Emergente) porque desde a avería da radio do 24 de setembro, as cousas no control da radio non están como estaban. Este programa íamolo facer xusto o 24 de setembro e coa avería que houbo xa se retrasou ata hoxe. Contáronnos cousas o avó Bogo (sobre as colmeas e o mel, nunha gravación) e o avó Esteban en directo sobre a asociaciñon Batalla de Brión.

3- o día 11 pola tarde empezamos co barro. Este barro deullo Antón Cortizas a Sabela. Graciñas Antón!!!! A esta actividade van vir facer cousas tamén algunhas nais.
4- O día 25 fixemos barro por 2ª vez. (O xoves anterior non se fixeron actividades tampouco pola tarde pois as familias se sumaron á folga de pais de toda España para protestar polos recortes en educación.
Antes de empezar a traballar co barro aproveitamos a observar na tina  como sedimentara o barro no fondo e a auga quedara transparente enriba ó estar quieta toda a semá.
 E despois a traballar co barro!

 
O martes día 23, pola mañá, fomos recoller cogumelos por Meirás e só atopamos 6 níscalos, os demais non eran comestibles. 
Está contado no punto 28 da entrade de outubro en:
 
5- merendola de Cogumelos: níscalos, boletos e lepiotas
Enrique e Patricia trouxéronnos moitos cogumelos porque nós só tíñamos recollidos 6 níscalos para facer a merendola. 
Graciñas ós dous por ese detallazo!!!
Coas lepiotas fixemos unhas pizzas riquísimas
que nos ensinou a facer Patricia.
Os cogumelos non se  lavan, límpanse...
Mateo Santiago Piñeiro
Límpanse enriba dun papel para que as esporas que caigan se poidan tirar no monte, ao rematar, e así poidan nacer moitos máis. As lepiotas teñen un tacto áspero no sombreiro. Hai setas parecidas ás lepiotas pero que teñen o tacto como de porcelana pero esas son tóxicas (contouno Enrique). Tamén fixemos salteados os níscalos e os boletos (como o ano pasado), con Patricia de cociñeira, estaban exquisitos!!!. Os boletos eran de 2 tipos: dos piñeirais e dos castiñeiros. Os dos castiñeiros vense azulados, ao limpalos e pelalos e os dos piñeiros vense abrancuxados.
 
6- Temos un frigo que nos mercaron os pais o curso pasado (antes tíñamos outro prestado, durante varios cursos,  por unha nai).
 O frigo que temos agora nolo limpou Ana mentras fixemos o barro.
 Graciñas Ana!!!
 
Faltan por subir fotos e comentalo ben todo...