Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


domingo, 1 de diciembre de 2013

Dálle que Dálle na Escola de Lago- DECEMBRO 2013

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

Índice desta entrada:
1- O día 4 na extraescolar
2- Extraescolar do día 11
3- extraescolar do día 18
4- radio do día 23
 
.....
1- O día 4, na extraescolar, fixemos algo de varias cousas...
 
2- extraescolar do día 11: cousas do Nadal
 
    3- Extraescolar do día 18
 
4- Radio do día 23, nunca estivemos tan poucos, en directo!!!
e os 3 que estaban tamén estaban acatarrados!
Deixamos unha felicitación colgada dun micro!!
 

viernes, 1 de noviembre de 2013

Dálle que dálle na escola de Lago- Novembro 2013

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:


Índice desta entrada:
1- recollida dos 4 premiso de Arte e Ciencia en Lugo, fotos de prensa.
2- visita a Lugo do día 4
con entrega de premios
2a- reparto de premios
3- a esfolla en Doso, o día 9
4- extraescolar do día 13
5- radio dia 25
6- extraescolar día 27
 
....... 

0- Enlace con Igaciencia: obtivemos premio
No enlace de Igaciencia están os nomes de cada un e cada unha, e o nome da escola.
 
1- E o día 4, a pesares de non ser día lectivo para nós, varios fomos recoller os premios a Lugo
e a coñecer esa fermosa cidade.
Fomos gracias a que Nuria e Eduardo, de Pantín, nos prestaron a súa furgoneta e a que Patricia, nai de Candela, foi conducíndoa. Moitisísimas graciñas pola vosa xenerosidade!!!!
Na prensa "acaparamos" as imaxes, pero... sen poñer o nome da escola!!!
 
                    "Alonso Montero, o presidente da RAG, transmite ás novas -e novísimas- xeracións
de Ciencia en Galego..."
E quen representaron a esas "novísimas" xeracións?-  As nenas e nenos de Lago que recibiron 4 premios (polos 4 traballos da clase presentados no concurso de Arte e Ciencia en Galego da IV convocatoria de Ciencia en Galego) das mans
do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
Esperemos que nos trasmitira a forza por usar, defender e dar esplendor
á nosa língua e cultura con todo o amor do mundo!!!
E nos axude a prepararnos desde pequenos en todos os eidos da ciencia e cultura!!!
 
A prensa outra vez sen poñernos o nome da escola !!! ademais doutras inexactitudes...
 
2- visita do día 4 a Lugo
A pesares de ser luns (día no que soen pechar todos os museos) o Museo Provincial estaba aberto e tíñamos cita polo que poidemos visitar varias salas, entre elas a cociña de lareira!!!
 
 Logo estivemos no claustro, ou patio, do convento onde está o museo, e fixemos un obradoiro clasificando en 2 minimuseos obras de pintura e escultura. Incluso acertamos a saber, ou intuir, cal era o cadro máis antergo dese museo. Mais logo... tivemos o privilexio de entrar na biblioteca do museo, no que entran só os investigadores e ver a copia en facsimil do libro que roubaran (pero que por fin apareceu) na catedral de Santiago "O Códice Calistinux" que é coma unha guía de peregrinos feita hai moitísimos anos, cando se facían os libros a man, un a un.
No museo díronnos para facer maquetas do museo e xa empezamos a facelas!!!
 
Despois saímos para recibir os premios. Pasamos varias veces pola Águia dos 2000 anos sobre todo para ir do Museo á Diputación
 
 Neste auditorio foi a entrega de premios e a conferencia do Presidente da Real Academia da Língua Galega, Xesús Alonso Montero.

Cando falaron de nós o puxeron en pantalla grande tamén
Cando recollimos nós os premios, nese intre, foi un pouco de revolución no auditorio da Diputacion porque levamos a mostrar 3 dos 4 traballos que presentamos ó concurso ( o 4º era dificil de trasladar) e á xente gustoulle velos polo que fixeron moitas fotos... Estas sacámolas do vídeo que estaban tomando.


 
 Vimos a exposición da Diputación Arte e Ciencia en Galego, e o que máis nos chamou a atención  foron as figuras en 3 dimensións feitas por Manuel, que xa estivera na nosa escola cando traballamos con robots. Tamén estivemos nos obradoiros da exposición (antes vimos alí traballando rapaces de instituto) e fixemos varias cousas pero a nosa cúpula xeodésica, feita na escola, vimos que era máis completa que a que fixeran os rapaces maiores, eh...!

 Despois fomos comer  nun pequeno restaurante do centro de Lugo, xa tíñamos fame!!! Iso que coméramos a parva e media mañá... Gustouno moito todo, e foron moi amables!!!
 Logo fixemos un percorrido pola cidade, a catedral, as murallas, a piscina romana detrás da catedral.. pero os restos romanos da Domus de Mitri e outras estaban pechadas por ser luns...
Polo medio da cidade hai moitas cousas que lembran ós romanos! 
 
 Pero logo volvimos ó Museo Provincial, subimos a onde leían mentras comían os monxes no refectorio.
Vimos pezas das primeiras etapas de Sargadelos, esculturas e cadros de moitos tipos e paramos especialmente no da "Escola de Doloriñas" onde os nenos ían con zocas e usaban pizarras individuais para traballar, como usaron os nosos avós e bisavós. Sabela tamén tivo unha cado tiña 4 anos. Vimos idoliños, mosaicos, teares etc...
Non queríamos marchar pero houbo que facelo!
 Fomos ó río Miño e á ponte romana denantes que escurecera e logo pasamos a ver as termas romanas
 Nas termas vimos o que queda delas
 logo merendamos na cafetería do Balneario Termas de Lugo (un rico queique que fixera Antía coa súa nai, e froita) e fomos visitar a parte moderna do balneario. Probamos a auga!!! Tíñanos un sabor ben raro pero como sabíamos que era porque é medicinal e non estaba mala, pois bebimos tranquilos, mesmo collimos unha botelliña para que a probaran os compañeiros que non foron a Lugo.
Cando saímos xa era noite, a ponte do río estaba xa iluminada!!! Vaia día máis completo e bonito para nós, apesares de que orballou nalgún momento!!!! Estivemos todo o día moi contentos, portámonos ben e nos interesamos por todo. Sabela deunos a Noraboa!!!


2a- díronnos 4 bolsas con 4 libros e unha camiseta en cada unha. Dous dos libros, sobre contos de animais, estaban repetidos en cada bolsa. Repartímolos días despois na escola. Para cada neno-a da escola houbo un libro que entregamos cando cantamos a cantiga dos farois o 11 de novembro, San Martiño, día da festa dos farois en Centroeuropa. Por certo a cúpula xeodésica nese intre era un centro de follas de outono!
As camisetas foron para as 2 irmáns que participaron nunha cúpula e para a nai e pai,  que axudaron a facelos furadiños; para o tío que tamén axudou imos entregarlle un libro. Outro libro foi para Patri porque ela nos leva axudado moito en experimentos culinarios, na radio, en levarnos na furgoneta, etc. E quedan 3 libros para a biblioteca da escola!

(O día 30 de xaneiro, por fin se lle entregou o libro a Angel, tío de Elena, pero collimos un repetido da escola e así quedaron 4 na escola, dos que nos deron en Lugo)
 
3- O día 9, un ano máis, fomos á esfolla de Doso
 como sempre había exposicións e concurso
 e obradoiros
 Non faltaron nin a musica, nin o baile
e este ano tamén estaba Fran, compañeiro de Radio Filispim (e gran bailarín!!!!) co seu grupo de baile de Narón, grupo tamén da nosa profe de música, María, anque ela non poido bailar porque está co embarazo avanzado e tanto brinco!!!.
María Rodeiro, a nosa profe de música, tamén estaba porque bailaba o seu grupo aínda que ela non poido facelo porque o seu embarazo xa vai avanzado... E por fin fixemos a foto con ela e o seu bonito sorriso!! Moitísimos bicos María !!!! Coidate moito que queremos vela nena ben fermosiña!!!
 E comezou a esfolla!!!
Mateo levou un aparello que usaba o seu avó paterno para esfollar e el demstrounos como se usa.
Moi ben Mateo!
 Logo estivemos no obradoiro de repostería.... Para chupar os dedos!!!!
 Candela deulle algo e comer ós burros que levaron o maínzo nun carro.
 Logo bailamos e bailamos coa música e animación de Pés de Lan, foi estupendo!!!
Tamén foi a avoa Elvira, que vive en Doso. Ela está tan guapa coma sempre!  e finalmente charlamos e tomamos castañas asadas e chocolate!!!

4- O día 13 pola tarde, explicamos de novo o resultado dos esperimentos de pola mañá e logo, coa guía de Andrés e a axuda de Loli, empezamos a facer cabezas de monicreque, apartires de globos... Quedaron colgadas para secar a primeira base. Despois, como sempre, fixemos xogos e mesmo merendamos as castañas e o pan de maínzo, e de trigo, que quedaron de pola mañá.


5- radio día 25, xa fixéramos este  debuxo pero é mellor poñelo rectangular para o Ivoox
Neste programa iniciáronse os 2 pais Andreses, un lendo e outro apoiando cos aparatos

 Fixemos coma contos arredor da lareira, sacados de 2 libros dos
que nos agasallaron polo do IV día da Ciencia en Galego
 6- extraescolar do día 27, seguindo coas cabezas de monicreques e co xogo do lobo e os coellos







domingo, 6 de octubre de 2013

Dálle que dálle na escola de Lago- outubro 2013

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:


Índice desta entrada:
1- visita  a Prioriño: Centro de interpretación, baterias... e Monteventoso 
1a- debuxos da saída
2- o 1º programa de radio, deste curso.
3- extraescolar do día 16
4- extraescolar do día 23 e o que nos levou Gael en relación ó conto de Mabo e a hiena.
5- Na extraescolar do día 30: cúpulas xeodésicas.

 ........
1- O día 2 fixemos a extraescolar na escola, por mor do tempo, pero por fin fixemos a visita ó Cabo Prioriño o día 9 e...
Centro de Interpretación

Batería de Viñas



Faro e batería Prioriño
 A merenda...
 Monteventoso
 1a- algúns debuxos lembrando a saída.
 
2- Un novo curso na radio!!!!
 
  O día 14 fixemos o primeiro programa de radio deste curso.
Como o curso pasado traballamos no tema de África,
para pechalo veu Xabier López García,
mestre no C. P. da Capela,
pois el viaxou moitas veces a diferentes lugares de África.
Foron case 2 horas de programa e os nenos e nenas mantiveron o interés como campeóns,
mesmo para Mateo S. foi o programa máis interesante.
Ó día seguinte contaban e contaban ós que non poideron asistir.
Graciñas Xabier, foi estupendo, estupendo!!!

Despois de rematar o programa ensinounos no ordenador moitas fotos  das que fixo en África (eran só unha pequena parte das miles que ten feito). Disfrutamos moito pero como era tarde tivemos que parar antes do que nos gustaría .
Nós aproveitamos a agasallalo cun colgante de gres dos que se facían na escola de Pantín e Lago, con Cerámicas do Castro, e mandámos por el 3 traballos que fixera Aarón Tenreiro, cando estaba na nosa escola, pois agora está no colexio da Capela. Sabela mándalle bicos a Aarón, nós non chegamos a coñecelo!!!
 
 3- Na tarde do día 16 volvimos a estar na escola, fixemos varios traballos e rematamos co xogo solidario das cadeiras... e pasámolo moi ben! En setembro fixemos unha tarde enteira de xogos populares pero normalmente só os facemos ó final das demais actividades.
Metímonos 10 en 3 cadeiras pequenas, e con axuda, logramos entrar con 2 soio!!!
 
4- Na extraescolar do día 23 fixemos varias cousas e tamén xogamos, pero resaltamos que contamos o conto de Mabo e a Hiena que é da maleta de libros de África.
A maleta de libros de África a preparou Cris o curso pasado para que pasara por todas as escolas do CRA pero a nós non nos chegou ata este curso e a tivemos e disfrutamos esta tempada.
Tivo moito éxito!!!
Xusto esta tarde, que se vai prestar ó C.P. da Capela, Gael trouxo da casa un cuncho de froitos de alcacia (que lle trouxo o seu avó paterno da India) e un boabab de artesanía que lle agasallaran e o trouxo recordando que ambas cousas están en relación cun dos contos desa maleta polo que aproveitamos a ler o conto de novo á luz desa nova e manipulativa información...!
Comprobamos como soa o casulo de sementes, o xigantesca e duro que é, como semella de coiro, ou madeira...
e miramos con detimento tamén o precioso miniboabab!
A relación escola-casa-familia... e a familia-casa-escola
cando flúe, enriquécenos a todos!!!!
 
5- O día 30
estivemos apoiados polo tío de Elena e Aurora e polo pai de Gael e a nai de Montxo porque cortar e furar algunhas cousas require moita forza.
Graciñas mil!!! sen a súa axuda non teríamos rematado.
Seguindo as suxerencias e indicacións que deu este ano Igaciencia estamos a facer cúpulas xeodésicas moi guais!!! 
Son polo arquitecto Fuller, un dos que se lle adica este ano.
Os de infantil fixeron 1 cúpula xeodésica unida por gominolas
Esta ten moi pouquiño aguante porque as gominolas pesan
 pero é doada de facer e é bonita!!

e o resto fixeron unha con pallas, unida por encuadernadores.
 Logo foi divertido meterse dentro... Claro que, Sara e Aurora non collen...
Pola contra, para Lena era a súa medida.
Parece a terra como un ventre materno!!!!
ou a gaiola da bruxa do conto de Hansel e Gretel!!!!
ou a moderna casa dos nosos bonecos
ou a casa dos nosos animais de xoguete...
Como é grandiña teremos que colgala para que non ocupe sitio e inventar algo para subila e baixala con facilidade ,
cando a queramos coller...
Vainos dar moito xogo.

Presentamos as 2 cúpulas ó concurso de Igaciencia,
Ciencia e Arte en galego, houbo pouca participación dos centros,
é unha mágoa!!!
Nós fomos premiados e
o día 4 de novembro é a entrega de premios en Lugo.
 
Faremos unha 3ª cúpula, máis grande, para xogar fora, e podríamos repetir as outras 2 para coller soltura. A das palliñas é estupenda pero facer os furados require  forza e un control que nenos tan pequenos non teñen polo que precisan axuda para ter as pallas preparadas ou conseguir ferramentas que requiran menos forza. Montala é un estupendo exercicio
 e agora que está feito o modelo, poden facelo moito millor

Sara e Aurora antes de participar  na cúpula traballaron no que están empezando sobre Vasarely
 
enlace con Igaciencia: obtivemos premio