Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 6 de abril de 2013

Dálle que dálle na escola de Lago- ABRIL 2013


Actividades voluntarias 
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:

Resumo desta entrada:
1- tarde do día 4
2- tarde do día 11
3- día 15 programa especial de radio dedicado ó colexio 
e museo etnográfioc da Capela
4- tarde do día 18
5- tarde do dia 25
6- programa de radio do día 29

1- tarde do día 4
teares de trapos, costura, pintura...
Laura rematou a súa boneca de cociña 
que é para gardalos mistos

2- Tarde do día 11
3- O día 15 fixemos o primeiro especial de "Dálle que dálle nas ondas" dedicado a unha experiencia educativa.
Viñeron Secundino García Mera e Xabier López García a falar das interesantísimas experiencias desde o CEIP Mosteiro de Caaveiro e do Museo etnográfico da Capela
4- na tarde do 18 veu Ana, a tía de Sara a ensinarnos a facer algo especial que veremos rematado o próximo xoves...
5- Na tarde do día 25 volveu Ana para rematar os broches e Sabela en agradecemento agasalloulle unha cerámica de gres feita hai tempo por ela, para que viran os nenos-as.
Moitas graciñas Ana!!!

6- programa de radio do día 29
Fixemos o programa normal da escola aínda que faltaron moitos por estar enfermos ou non poder ir... e  ademais esquecímonos de facer fotos polo que non temos nin unha dese día. Vaia despiste!!!!
Contamos cousas do feito no mes, e como foi o día do libro limos pequenos contos de tradición oral de Galicia e África.
De invitados viñeron David Bacorelle Veiga, ex-alumno, e Ramón, o seu pai, porque Ramón nos veu contar a súa interesante experiencia de ter invitado nos veráns de 4 anos a un neno refuxiado saharaui (partindo de 0 pois cando chegou o primeiro ano o neno tiña 6 anos e ademais de non coñeçerse, o neno só falaba hasania, nunca vira correr a auga, nin o mar, nin a paisaxe verde...) e da súa propia e impactante visita ós durísimos campamentos 
de refuxiados saharahuis en Arxelia.
Moitas gracias por todo o que nos contou!!!
Nunca podemos imaxinar en que condicións teñen que vivir moitas persoas en distintas partes do mundo se non imos coñecelo ou se non escoitamos ou vemos o que nos contan os que van.