Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 4 de octubre de 2014

Dálle que Dálle na Escola de Lago- Outubro 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

 
Índice desta entrada:
 
1- día 1: visita ao castro de Eiravedra  e  a área recreativa
 do muíño de Pedroso
2- o día 8 xogos populares no local da AVV
3- o día 15 xogos populares no local da AVV
4- extraescolar do día 22
5- extraescolar do día 29: visita ao museo etnográfico da Capela
 
........................................................................................ 
1- O día 1 fomos ó castro de Eiravedra, alí Sabela contounos a lenda e vimos as entradas do agocho dun raposo.

Despois fomos ó muíño de Pedroso: merendamos e xogamos...
 
Montxo aproveitou para facer escalada!!!


 Algúns debuxos
2- extraescolar do día  8: subimos co material ó local da AVV para practicar xogos populares en preparación da visita ó colexio da Capela que imos facer o día 29.
 
3- Xogos populares de novo o día 15 no local da AVV
xogamos cada vez .á chapa, á corda, a quen pon o pano, á pelota, ós zancos, etc...

 4- Na extraescolar do día 22 xogamos fora ó brilé, á corda, etc, etc...
 
5- O día 29 fixemos a extraescolar na Capela,
despois da visita feita en horario lectivo, ó colexio público desta localidade e reflexada en:
Comimos estupendamente á beira do muíño do río Sesín

 e logo fomos para o museo onde nos esperaba de novo Secundino, como guía excepcional da visita pois el foi o inciador da recolleita e preparación das pezas no colexio da Capela do que foi director ata que se retirou. Alí foron adecentadas as pezas e alí estiveron expostas ata que finalmente lograron preparar este museo aproveitando a existencia desta fermosa casa rectoral, casa que rehabilitaron e adecentaron como museo etnográfico nun continuo tesón por poñer en valor as ricas raiceiras da nosa cultura popular.

 Finalmente, despois do intenso día, os nenos e nenas xogaron, ata fartárense, na herba da aira da casa pois estaba unha tarde de verán e aproveitámola a tope...

 
ampliaranse  comentarios, debuxos, fotos, etc