Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 8 de junio de 2013

Dálle que dálle na escola de Lago- Xuño 2013


Actividades voluntarias 
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:


Resumo desta entrada:
1- tarde do día 6, teares de Alberto
2- limpeza da praia de Lago e papavento- día 13
3- radio do día 17
4- Festival de fin de curso, o día 21 pola tarde
5- enlace con video de Beas de Granada

.......................
1- O xoves día 6, pola tarde fomos ver como tece Alberto nos teares, pero antes explicounos que se necesita para tecer e o que se facía noutros tempos para preparar os fios de la e liño.

Todas e todos probamos a poñer la na canela 
 Vimos como se tece no tear e os pasos seriados que hai que dar

Despois probou Patri, que sempre está disposta a aprendelo todo...
 Mónica foi a casa, a buscar o tear de Yasmín e colchas de diferentes tecidos para mostrarllo todo a Alberto

Despois dímoslle os agasallos que se fixeran para el o curso pasado (unha vela de cera de abella, un perfumador de lavanda e un colgante da Paz de gres)
e deixámoslle planta e sementes que nos quedaron do curso pasado
para que as poida usar cando explique a outra xente 
porque a xente non soe coñecer o que é o liño....
Gracias a persoas apaixoadas por estas cousas, e superxenerosas en tempo e esforzo,  como Alberto, os demais podemos ter idea de moitas cousas moi interesantes, 
que sen eles non poderíamos nin imaxinar.
Graciñas infinitas Alberto!!!!



 2- Limpeza da praia o día 13 pola tarde.

O día 12 fixemos folga e o 13 pola tarde recuperamos esa actividade

do proxecto Voz Natura.

Avisamos ó concello que foran recollelo. O día 14 ían limpar na zona de Valdoviño os de Atios.


 Tamén aproveitamos a voar o papaventos que nos agasallaran por
 participar na Semá da Ciencia nº I

Fixémolo coa guía e axuda de  Martín e Lorena

que teñen experiencia de voalos

Graciñas os dous!!!


e esta vez si había vento, eh!!!

3- O día da 17 veu de invitada ó noso programa de radio Marcela, a nosa querida e amable repartidora do pan desde hai anos, 
e tamén veu a avoa Chelo para falar dos seus recordos 
dos emigrantes a América.
http://www.ivoox.com/dalle-dalle-nas-ondas-n-26-audios-mp3_rf_2149696_1.html
Como Marcela  naceu en Arxentina (e quen o diría, o tema da Arxentina saleu por un dos poemas en galego de García Lorca) pois pensamos rapidamente nela para invitada especial do tema.
A bisavoa Madalena mandou para Sabela 2 paquetiños que Sabela, como sempre, pasou á escola e de acordo con Madalena, pasaron a avoas que participaron na radio: o pano entregámosllo a Chelo e os bombóns mandámosllos con todo o agarimo a Elvira.
Para Marcela os nenos e nenas fixeron un dos broches de bonequiñas que fixemos este ano e que se lle entregou cando soupemos que non podía ir ó festival, que era onde pensábamos darllo.

4- Festival de Fin de Curso o día 21 ás 7 da tarde
primeiro cantaron Mi Buenos Aires Querido
despois o tango da escola instrumentado por Miguel
Logo viñeron un grupo de danzas
 Despois lle tocou o turno á obriña de teatro sobre os Dogon,
 relacionada  tamén coa historia do conto viaxeiro deste curso
e aproveitando os traxes e carautas 
feitas para a comparsa de Antroido

Un pequeno refrixerio e a despedida de Mariluz, profe de inglés,
que tivo o detalle de vir ó festival e a despedirse.
Moita sorte Mariluz!!!! Botarémosche en falla, sobre todo a titora!!!

Con isto vai a despedida 
Bon Verán a todas e todos!!!!
 
5- Enlace co Vídeo do colexio de Beas de Granada, con quen nos escribimos neste curso e onde aparecen imaxes de fotos e traballos dos que enviamos nós, que anque non están sinalados
nós ben os recoñecemos .
http://www.youtube.com/watch?v=jbQ2Z1V0C_0