Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


domingo, 1 de noviembre de 2015

Dálle que dálle na Escola de Lago- Novembro 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

0- actividades culturais-sociais coa familia: esfolla en Doso nun marco de "cultura interactiva-lúdica e cultivo das relacións e o afecto "

Índice desta entrada:
 0- A familia con nós
......................................................................
1- extraescolar do día 4
2- a esfolla en Doso, Narón, o día 8
3- a extraescolar do día 11
4- a extraescolar do día 18
5- a extraescolar do día 25
....................................................

1- Extraescolar do día 4, pero non hai fotos con todos .os participantes
algunhas remataron traballos

2- O día 8 fomos á esfolla de Doso, Narón.
As fotos son de Eduardo, pai de Lía e de Mónica, nai de Yasmín.
Graciñas!!!





 Yasmín presentouse ó concurso de sobremesa e foi premiada.
Fotos que nos mandou Mari-Carmen, nai de Jimena:
Despois de ir a Doso, Jimena fixo estes bonecos co seu pai para agasallarlle a Lucía e Mauro.
O que se aprende en familia deixa máis estela...!

3- O mécores fixemos a extraescolar: bolsas do Apalpador, teares, broches... e xogamos a Martiño Pirulicio.
Pero non temos fotos.

4- Na extraescolar do día 18 estivemos coas bolsas do Apalpador e xogamos a "Da Habana veu un barco de..." referente a cousas de outono. As nais que axudan estiveron organizando cousas delas e só viñeron para axudar  nos remates dos broches que faltaban.

5- Na extraescolar do día 25 seguimos coas bolsas do Apalpador, os 2 últimos fixeron os broches e todos empezaron a pintar as pinas
para facer un abeto de Nadal que propuxo Carmen.
 Os broches foron idea de Carmen e ela foi a monitora con algún apoio doutras nais...
 Todos contentos os levaron por fin!!


As 2 pequeniñas xa remataron o seu segundo cadro