Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 4 de mayo de 2013

Dálle que dálle na escola de Lago- MAIO 2013


Actividades voluntarias 
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:


Resumo desta entrada:
1- tarde do día 2
2- a tarde do día 9 correspondía ó día de folga
3- programa de radio especial, dedicado á bisavoa Madalena
4- varios xoves non houbo extrescolar
5- o programa de radio das Letras Galegas
...................
1- tarde do día 2, algunhas remataron  as cousas pendentes

2- o día 9 foi día de folga do ensino.

3- O día 13 fixemos o programa de radio dedicado á bisavoa Madalena Villar Freire subtitulado "Avatares dunha vida"
Durou moito, máis de 3h e media. Parte xa estaba gravado, polo que ó escoitarse Madalena emocionouse en moitos momentos
 e os demais tamén nos emocionamos, anque tamén nos rimos 
con algunhas das súas aventuras.
Pensábamos empezar ás 16h pero por problemas de saúde de Candela, Patricia chegou tarde... e sen ela non se pode facer o programa...
Logo, cos apuros, non atinaba a que gravara e tivemos que chamar a Cholo!!! El tivo que vir para sacarnos do apuro, como sempre. Graciñas Cholo!!! 
E moitos bicos e anos de vida, así de ben conservada, pois con 89 anos parece de 70, como moito, e cunha memoria e unha expresión realmente envidiables...
A franqueza con que conta a súa dificil e interesante vida
merece o maior respeto e agarimo.

4- o día 16, víspera das Letras Galegas é día non Lectivo.
O día 23 e o día 30, pola tarde, non houbo extraescolar porque Sabela tivo que traballar na biblioteca da aula.

5- día 27 foi o programa da radio, dedicado ás Letras Galegas
algunha nai luce o broche que lle fixo a filla polo día da nai....