Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


viernes, 8 de junio de 2012

Dálle que dálle na Escola de Lago. Xuño 2012

Actividades voluntarias fora do horario escolar

enlace co blogue da escola en horario lectivo:

O día 6, saímos da escola e os maiores fumos a Ferrol, comimos, xogamos, fomos a Acuaciencia (pero non poidemos facer fotos porque non levamos a cámara), merendamos e logo (collimos a cámara) fomos a casa de Amparo (vimos os bonitos cadros que está pintando) e ao museo da Natureza da SGHN onde vimos moitas cousas moi interesantes. Cando estábamos no museo chegou Rosa para velo con nós tamén. Vaia tarde máis guaui!!!
Foinos ensinando e explicando todo Berta.
O mércores día 13 fomos os 5 máis pequeno.s a Ferrol,
pola tarde.. Esta vez levamos cámara...
Foi moi guai estar en Acuaciencia.
Fomos probando a facer todo.
 Pero tivemos que írmonos sen rematar de velo (xa a víramos hai tempo) porque chegou a hora de ir ao museo da SGHN e como alí non se pode visitar aínda, se non é coa escola, non podíamos deixar de velo. Claro que antes tamén vimos os pavos...
 No museo guiounos Jose
Foi explicándonos todo, todiño.
Había moitas cousas moi curiosas.

Ao final tamén chegaron Sonia, Sabela Graña e Penélope.
O día 14, pola tarde, despois de estar nas actividades da exposición do Arte Enlatado fomos ver o muíño da Carballeira, alí mesmo en Cerdido. Ten 3 fervenzas preciosas!!! Eiquí ven moer Lela (a avoa de Antía) desde Lago.
O muiñeiro estaba traballando e ensinounos todo. Este muíño xa era do seu bisavó. Traballa polas tardes pero contounos que antiguamente moían de noite. 
Xa quedan poucos muíños en funcionamento e poucos muiñeiros...! Moitas gracias por recibirnos!
Foi moi interesante para os nenos e nenas (e ós novos non lles cadrara de estar en ningún aínda) pero para algunhas nais tamén foi a primeira vez que viron funcionando un muíño!!!
Fotos de Rosa...

 Por alí aproveitamos a coller careixóns e a saltar unha fogueira que   tiña o muiñeiro. Xa vai ser pronto a fogueira de San Xoán!!! Xogando coa maxia fixemos falar a un príncipe agochado nas follas de alcacia...!
Despois paramos en Porto de Cabo, vimos a ponte medieval do camiño dos romeiros de Santo André de Teixido. Eiquí soían parar a tomar o caldo que vendían as caldrupeiras.
Aínda queda unha casa moi, moi anterga.
 Merendamos tranquilamente á beira do río. Un rapaz pescaba e pillou un peixe pequeno que devolveu ao río. Noraboa rapaz!!!
 Tamén Gabriel quedou sen un tenis... levoullo o río tan rápido que non se poido coller...
 Fixemos algo de ioga con Mónica e equilibrios con Ana e vimos plantas e árbores con Sabela. Miramos as esporas de distintos tipos de felgos (que tamén se chaman fieitos ou fentos) que son plantas moi antergas e por iso non se reproducen por sementes saídas das flores, como as outras plantas, senón polas esporas que teñen por detrás. Foi unha tarde preciosa!!!!!!!!
O día 16 foi a sesión vermú de Radio Filispim e Gabriel e o seu pai falaron do noso programa.

O día 18 fixemos o noso programa de radio "Dálle que dálle nas Ondas" na radio libre e comunitaria Radio Filispim, que emite desde Ferrol.
Ese día veu a bisavoa Madalena quen nos contou cousas moi interesantes sobre os mariscadores e sobre a capela do Portiño.
Como é o noso último programa deste curso, alo menos cos nenos, aproveitamos a entregarlles a Madalena, Xaime e Patricia  uns agasallos por axudarnos na radio e a Ana por facelo na horta.
.Estes días llos iremos entregando tamén a todos os restantes que viñeron a contarnos cousas á radio: Elvira, Chelo, Finola, Domingo, e ás demais persoas que axudaron noutros aspectos da escola: Alberto, Estefanía, etc... Graciñas mil a todos!!!! Os agasallos (bolsiñas aromáticas de lavanda do xardín da escola, símbolos da paz de gres e candeas de cera de abella) foron feitos entre todos os nenos e nenas na escola.
O día 21, pola tarde fomos ver o faro da Frouxeira.
Mercedes, a fareira deste faro, do Prior e Prioriño explicounos todo.
 Subimos a todo, todos
 Vimos as fermosas paisaxes que se ven desde o alto.

 Desde hai un mes ten unha luz nova, de baixo consumo.

 Ó baixar Mercedes deunos biseiras do porto que a Autoridade Portuaria lle deu para nós. Graciñas por todas as atencións que tiveron con nós.
 e Graciñas a Mercedes pola súa amabilidade e pacencia. A todos nos encantou a visita.
A  Autoridade Portuaria mandou á Prensa esta foto que nos fixo Mercedes, e saíu na Voz de Galicia- Ferrol o martes 26 de xuño. Graciñas polo detalle!!!

Logo  de volver do faro á escola, o día 21, fixemos merendola con moitas cousas e Patricia sorprendeunos ademais con madalenas adornadas e unha sandía- ourizo, Patricia sempre pensa en nós!!!. Estaba todo riquísimo!!
Despois da merenda fixemos o festival no local da asociación cultural e da AVV de Lago, que tan xenerosamente nos deixan usar.
 coas 12 danzas que preparamos: desde muiñeiras a polcas, pasando por valsas etc......




A representación do romance de Aldonza Cambas a meiga de Santo André de Teixido, e varias cantigas.

Bo verán !!!