Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 12 de septiembre de 2015

Dálle que Dálle na Escola de Lago-Setembro- 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


Índice desta entrada:
 0- foto do grupo deste novo curso
1- as extraescolares iniciais
2- Sabela foi contar do noso programa de radio a Radio Filispim
3- O día 30 visita ó faro da Frouxeira 
e á capela do Portiño.
....................................................

1- Fixemos extraescolares  os mércores desde que empezaron as clases. 
2 mércores estivemos na aula iniciando traballos
 e facendo xogos populares, pero non fixemos fotos...
2- O día 25 Sabela foi a Radio Filispim ó Programa de Pequenos Monstros para falar das radios escolares e polo tanto tamén da experiencia en Dálle que Dálle nas Ondas, da escola de Lago
Esta foto é deles

2- O mércores día 30 fomos ó faro da Frouxeira coas familias
 e outros invitados, como Inés, vasca que estaba de paso por eiquí e que foi quen introduxo hai anos a Sabela na tradición do Olentzero 
que celebramos nós no Nadal.
Eramos máis de 43 persoas.
O faro ensinóunolo Mercedes, a fareira, e foi unha visita estupenda.
Graciñas a Lula e a Mercedes por tódalas atencións que tiveron con nós e polas camisetas e biseiras recibidas!

datos do faro: http://www.farosferrol.com/frouxe.htm

en: Faros de la Autoridad Portuaria de Ferrol - San Ciprián

Dá 5 destellos e é o primeiro de España en usar bombillas LED, de baixo consumo.
Mide 75 metros de altura
É o faro máis moderno  (rompe co modelo de faro tradicional)
 e vanguardista de Galicia.






Despois fomos á capela da Virxe da Estrela, ou do Portiño,
Mercedes Souto, veciña de Meirás, nola abreu.
Graciñas Mercedes!
Vicente, o avó de Tania, falounos tamén alí de cando se cazaban baleas e había unha fábrica de salazón.

Vicente, o avó de Tania, señalounos o pequeno muro que queda
 da anterga salazón que había, e non se percibe ben 
pois está cuberto de plantas...

Mercedes Souto, abreunos a capela e deunos estampas da Virxe.
 Graciñas Mercedes!!
A estampa ten unha poesía detrais que  curiosamente concorda coas crenzas anteriores ó cristianismo dós lugares que miran ó oeste e que eran portos do Alén (como en San Andrés de Teixido ou Santa Comba ou a Lanzada) para guiados polos animais psicopompos (guías dos mortos) cando se morre e se busca a barca de pedra que  leva ás almas no solpor desde eses portos do Paradiso para ir hacia as estrelas.
 Son lugares de fondas e antergas crenzas ligadas coa morte.

Coas camisetas que nos diron na visita ó faro. Graciñas!!!!
Estas fotos non se fixeron ata finais de novembro 
 por non traelas xuntos!!
Na escola estivemos traballando sobre os faros sobre todo en setembro e outubro pero algunha cousa rematouse aínda en xuño.
Podemos velo no blogue
apartado 20 do mes de outubro
e no apartado 3 de setembro

viernes, 4 de septiembre de 2015

Dálle que Dálle na Escola de Lago- Xuño 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


Índice desta entrada:
 1- en Radio Filispim
2- rematar os teares
3- encontro coas nenas que van entrar en setembro
....................................................

1- En Radio Filispim Tolea, o 13 de Xuño, nas actividades do 10ºAniversario da emisora da que formamos parte
 durante 3 anos e medio
unha representación para felicitar en nome de todos-as
foto Radio Filispim

2- Extraescolar despois de fin de curso.
Como se suspenderon as extraescolares durante 2 meses e medio
 polo accidente de Sabela, a finais de xuño a maioría
 viñeron rematar os teares.
 Ese día atoparon na estrada unha tartaruga que logo entregaron a alguén disposto a coidala...

3- coas nenas novas e os de 4 anos despois de que se rematara o curso e se reincorporara Sabela.