Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


domingo, 6 de octubre de 2013

Dálle que dálle na escola de Lago- outubro 2013

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:


Índice desta entrada:
1- visita  a Prioriño: Centro de interpretación, baterias... e Monteventoso 
1a- debuxos da saída
2- o 1º programa de radio, deste curso.
3- extraescolar do día 16
4- extraescolar do día 23 e o que nos levou Gael en relación ó conto de Mabo e a hiena.
5- Na extraescolar do día 30: cúpulas xeodésicas.

 ........
1- O día 2 fixemos a extraescolar na escola, por mor do tempo, pero por fin fixemos a visita ó Cabo Prioriño o día 9 e...
Centro de Interpretación

Batería de Viñas



Faro e batería Prioriño
 A merenda...
 Monteventoso
 1a- algúns debuxos lembrando a saída.
 
2- Un novo curso na radio!!!!
 
  O día 14 fixemos o primeiro programa de radio deste curso.
Como o curso pasado traballamos no tema de África,
para pechalo veu Xabier López García,
mestre no C. P. da Capela,
pois el viaxou moitas veces a diferentes lugares de África.
Foron case 2 horas de programa e os nenos e nenas mantiveron o interés como campeóns,
mesmo para Mateo S. foi o programa máis interesante.
Ó día seguinte contaban e contaban ós que non poideron asistir.
Graciñas Xabier, foi estupendo, estupendo!!!

Despois de rematar o programa ensinounos no ordenador moitas fotos  das que fixo en África (eran só unha pequena parte das miles que ten feito). Disfrutamos moito pero como era tarde tivemos que parar antes do que nos gustaría .
Nós aproveitamos a agasallalo cun colgante de gres dos que se facían na escola de Pantín e Lago, con Cerámicas do Castro, e mandámos por el 3 traballos que fixera Aarón Tenreiro, cando estaba na nosa escola, pois agora está no colexio da Capela. Sabela mándalle bicos a Aarón, nós non chegamos a coñecelo!!!
 
 3- Na tarde do día 16 volvimos a estar na escola, fixemos varios traballos e rematamos co xogo solidario das cadeiras... e pasámolo moi ben! En setembro fixemos unha tarde enteira de xogos populares pero normalmente só os facemos ó final das demais actividades.
Metímonos 10 en 3 cadeiras pequenas, e con axuda, logramos entrar con 2 soio!!!
 
4- Na extraescolar do día 23 fixemos varias cousas e tamén xogamos, pero resaltamos que contamos o conto de Mabo e a Hiena que é da maleta de libros de África.
A maleta de libros de África a preparou Cris o curso pasado para que pasara por todas as escolas do CRA pero a nós non nos chegou ata este curso e a tivemos e disfrutamos esta tempada.
Tivo moito éxito!!!
Xusto esta tarde, que se vai prestar ó C.P. da Capela, Gael trouxo da casa un cuncho de froitos de alcacia (que lle trouxo o seu avó paterno da India) e un boabab de artesanía que lle agasallaran e o trouxo recordando que ambas cousas están en relación cun dos contos desa maleta polo que aproveitamos a ler o conto de novo á luz desa nova e manipulativa información...!
Comprobamos como soa o casulo de sementes, o xigantesca e duro que é, como semella de coiro, ou madeira...
e miramos con detimento tamén o precioso miniboabab!
A relación escola-casa-familia... e a familia-casa-escola
cando flúe, enriquécenos a todos!!!!
 
5- O día 30
estivemos apoiados polo tío de Elena e Aurora e polo pai de Gael e a nai de Montxo porque cortar e furar algunhas cousas require moita forza.
Graciñas mil!!! sen a súa axuda non teríamos rematado.
Seguindo as suxerencias e indicacións que deu este ano Igaciencia estamos a facer cúpulas xeodésicas moi guais!!! 
Son polo arquitecto Fuller, un dos que se lle adica este ano.
Os de infantil fixeron 1 cúpula xeodésica unida por gominolas
Esta ten moi pouquiño aguante porque as gominolas pesan
 pero é doada de facer e é bonita!!

e o resto fixeron unha con pallas, unida por encuadernadores.
 Logo foi divertido meterse dentro... Claro que, Sara e Aurora non collen...
Pola contra, para Lena era a súa medida.
Parece a terra como un ventre materno!!!!
ou a gaiola da bruxa do conto de Hansel e Gretel!!!!
ou a moderna casa dos nosos bonecos
ou a casa dos nosos animais de xoguete...
Como é grandiña teremos que colgala para que non ocupe sitio e inventar algo para subila e baixala con facilidade ,
cando a queramos coller...
Vainos dar moito xogo.

Presentamos as 2 cúpulas ó concurso de Igaciencia,
Ciencia e Arte en galego, houbo pouca participación dos centros,
é unha mágoa!!!
Nós fomos premiados e
o día 4 de novembro é a entrega de premios en Lugo.
 
Faremos unha 3ª cúpula, máis grande, para xogar fora, e podríamos repetir as outras 2 para coller soltura. A das palliñas é estupenda pero facer os furados require  forza e un control que nenos tan pequenos non teñen polo que precisan axuda para ter as pallas preparadas ou conseguir ferramentas que requiran menos forza. Montala é un estupendo exercicio
 e agora que está feito o modelo, poden facelo moito millor

Sara e Aurora antes de participar  na cúpula traballaron no que están empezando sobre Vasarely
 
enlace con Igaciencia: obtivemos premio