fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Resumo desta entrada:
1- tarde do día 14
2- tarde do 21
3- radio do día 25
4- contas dos ditos de Amadora
5- a tarde do día 28
.......................................
0- o día 7 traballamos para rematar o do antroido
1- fixemos 4 caleidociclos novos e carautas de prato reutilizado.
Xeila e Antía D. e Laura e Paula remataron os seus caleidociclos.
3- O día 25 fixemos o programa vixésimo segundo, ou sexa o nº 22,
de Dálle que dálle nas Ondas, en Radio Filispim.
Falamos algo da Paz, do antroido pero sobre todo da matanza do porco.
Sara e Rosa fixéronlle a Amadora unha gravación na Ponte de Neira, perto da Pobra de San Xulián, ou San Xiao, perto tamén de Sarria e ademais a avoa Elvira contou das súas experiencias de matanza na zona de Guitiriz e logo en Narón.
4- O día 26, na clase, comprobamos as contas do dito que dixera Amadora na gravación:
3 cochos,
6 touciños,
12 patas,
6 orellas
e 3 rabos,
fan 30 ben contados...
Cada un dos de 1º e 2º de primaria fixérono en libretas e os de 5 anos en folla, coma nos exemplos que puxemos na foto.
Tamén contou: Nin que mo contes, nin que mo digas,
de cada cocho saen 14 morcillas...
E fixemos a conta para saber os anos que ten:
O día 28 pola tarde, entre outras cousas alguns
empezaron os teares de farrapos: 1º a urdime e logo a tecer.... houbo xogos cos carozos das espigas de maínzo, Marta fixo un colar en serie...