Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
Índice desta entrada:
000- a volta ciclista pasou por diante da escola o día 10
1- extraescolar do día 10
2- extraescolar do día 17
3- extraescolar en tren de Xuvia a Ortigueira, día 24
0- O día 10 foi a presentación do inicio do curso pero só houbo clase ata as 11 e media e logo as familias esperaron (fixemos mentres xogos no parque) ata que pasou a volta ciclista.
![]() |
biouteiro e sabugueiro
2- O día 17 fomos ver, pola tarde, o nacemento de porquiños celtas. Cando chegamos xa naceran 6 pero vimos nacer a 2 máis.
Naceron limpiños, viñan envoltos nunha teliña transparente-leitosa pero sen ela brillaban coma se foran de veludo e as orellas de coiro... Dormíanse agarrados á teta.
No Castro, en Pantín, teñen porcos celtas nunha beira da croa e aliméntanse das landras dos carballos polo foso do castro...
Outra porca máis está para parir!
Nós tamén lles botamos landras!!!

4- O día 24 fomos en .... de Xuvia a Ortigueira escola e familias...
Algúns debuxos:faltan fotos, comentarios...