Actividades voluntarias fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Resumo desta entrada:
1- o Samaín en Cedeira
2- a radio o día 5
3- barro do día 8
4- na esfolla de Doso
5- barro dos días 15 e 22
6- inicio das coroas de Nadal
1- O sábado día 3 fomos a Cedeira para participar no Samaín deles, fomos 5: Sara, Mateo, Antía, Yasmín, e máís eu. Pasámolo moí ben. Fíxemos caveíras e agasalláronnos uns bolsíños con forma de caveíras e logo partícípamos nunha Gínkana na que tívemos que facer moítas cousas: buscar persoas, contar mouchos,
decir trabalinguas, ir a casa do medo... e aí pasamos susto !
Candela López Píta
Tivemos que buscar un personaxe misterioso que resultou ser a señora
loira de pelo rizo que está con nós na foto de abaixo.
Era festa total en Cedeira, ata o ría Condominas brillaba.Había caveiras preciosas que fixo a xente para concursar.
Sara conta:
2- O día 5 volvimos á radio. Fixemos 0 18º programa. Tíñamos que telo feito a finais de outubro pero o retrasamos por medo a ter problemas de emisión na radio.
Como agora está soa Patricia no control, atrevímonos este día xa porque nos acompañaba Fran, do programa Sonido Emergente.
pero a radio aínda non está a punto...
Graciñas Fran!!!
Nesta volta toucoulle a Sabela Graña estar no control con Patricia, para ir aprendendo, e Sara axudou conducindo o programa.
Desta vez veu Enrique, pai de Sara,
a falar dos cogumelos xunto con Patricia, nai de Candela,
os dous son bos coñecedores.
Graciñas por enriquecer o programa de Dálle que dálle nas Ondas!!!
3- o día 8 pola tarde, fixemos barro. Aprendemos xuntos nais e nenas-os pero como as nais aprenden rápido, axiña ensinan e apoian ás nenas e nenos que teñen ó lado...
4- A esfolla en Doso
Había 2 burros que trouxeron moitas espigas de maínzo.
Pasámolo moi ben!!!!
Gabriel Castrillón Fernández
A esfolla...
![]() |
Ademais de esfollar tamén fixemos bonecas |
Patricia fixo unha tartiña de cabaza para a ´degustación gastronómica. Estaba moi rica! Levou outra para merendar nós pero como comeramos moitas castañas, chocolate e tartas gardóunolo
para comer o luns na escola. Graciñas Patri!!
María, a profe de música, tamén foi e bailou...!E tamén foi Fran, o que nos axudou as últimas veces na radio,
e tamén bailou...! Graciñas pola axuda na radio, Fran!
Mosaicos de fotos de Moníca en Doso:
Algúns maiores da nosa escola foron vestidos como noutros tempos
ambiente
ó final...!!!
5- O día 15 volveu a tocar barro.
O día 22 outra vez barro e novo sistema de
limpado-raspado das mesas...
6- inicio das coroas de Nadal, o 29 de novembro.
Esa tarde primeiro fomos buscar poliñas de abeto, que era o que faltaba
Logo coas familias metímonos de cheo a facer as coroas de Nadal.
Non fixemos moitas fotos pero estivemos moitos, enfaenados con elas...
Rematáronse ó día seguinte, na clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario