Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
Índice desta entrada:
1- o día 5 e 11, extraescolar na escola
2- o día 15, a esfolla en Doso
3- o día 19, a extraescolar na escola
4- o día 26, extraescolar na escola
5- marcha e actividades "Polo bon trato"
........................................................................................
1- O día 5 e 11 na extraescolar empezamos a montar os teares e a tecer. Os de 3 anos a coser o marco da cartoliña, ademáis de facer todos xogos populares e de mesa. Viñeron axudar Ana e Susana, guai!!
2- O día 15 fomos, como os últimos anos, á esfolla de Doso
participamos nos obradoiros de inicio
na esfolla
Graciñas Laura por mandar alguna foto!
vendo as actuacións e exposicións
Estes traballos seguramente foron feitos por nenos e nenas das escolas do CRA de Narón.

En fin, fixemos de todo e mesmo ó final fixemos bonecas de penica e debagamos... Tamén houbo o chocolate, coma sempre!
3- O día 19, na extraescolar seguimos cos teares, cadros... e, coma sempre, rematamos con xogos.
4- Extraescolar día 26
5- Marcha "Polo bon trato"
Texto feito na escola e que leron Yasmín, Montxo e Gael:
"Nós somos nenos e nenas pequenas e o que máis nos gusta é que nos traten ben. Pensamos que a todo o mundo lle gusta ser ben tratado, por iso tamén queremos aprender a tratar ben ós demais.
Nós unímonos ó bon trato!!!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario