Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 4 de junio de 2016

Dálle que dálle na Escola de Lago- Xuño 2016

Actividades voluntarias

fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
e abriuse un novo blogue para uso do novo curso
e un novo correo

000- camiño da lagoa

00- O pan feito en Pedroso, con Berta, cando quedamos coas familias
 0- as danzas de fin de curso 



Índice desta entrada:
000- Na saida da lagoa, ligado co punto 1
 0O- En Pedroso coas familias, ligado co punto 2 
0- danzas de fin de curso, ligado co punto 5
1- Extraescolar do día 1, paseo pola lagoa 
2- Extraescolar con actividades no muíño de Pedroso, día 8
3- Extraescolar do día 15
4- Extraescolar do día 20 para os de 4 anos.
5- festival o día 21, pola tarde
6- últimos en rematar traballos
7- Despois de 10 anos de Escola de Lago, do CRA de Valdoviño,
 para subir o do novo curso 16-17 en horario escolar,
 xa está aberto un novo blogue e un novo correo
 para traballar con eles e alixeirar as búsquedas.


.................................................................................
1- Extraescolar do día 1: paseo pola lagoa.
As fotos da escola perdéronse por fallo no disco duro externo.
este mosaico fíxose con fotos que enviou Carmen Vega
Este outro fíxose con fotos  que enviou Lola. Graciñas a ambas! 


2- Extraescolar do día 8, no muíño de Pedroso
Despois de pasar o día en Pedroso, co CRA:
http://escoladelagocraesquio.blogspot.com.es/2016/06/escola-de-lago-xuno-2016.html
 viñeron as familias de Lago
 ás 17 menos cuarto para facer actividades nenos-as e familias xunto
 con Berta  e demais monitores da xenerosa  Asociación,
 sen ánimo de lucro, Tempus Narón.
Empezamos peneirando trigo


e logo fixemos pan


 Mentres levedaba o pan merendamos, xogamos e
  visitamos o muíño e vimos o aliviadeiro...
  Desde o muíño vimos, ó fondo,
 onde vai o rodicio que fai xirar a pedra de moer.
 Despois de levedar e mentras cocía o pan xogamos de novo
ata que chegaron os boliños...

 Este mosaico está feito con fotos de Carmen Vega.
 Graciñas por mandalas!


debuxos que fixeron algúns de infantil sobre o muíño

3- Extraescolar do día  15
Os de 1º e 2º aproveitaron a facer colares en serie  coas doas que nos quedaban.
Tamén veu Yasmín pero non deu rematado aínda o seu tarro.
 Os de 4 seguiron co vestido da boneca, que non diron rematado... 
    Candela estivo un ratiño para rematar o seu tarro e Sabela deulle a Patricia
 o broche que lle tocara a ela cando os fixeran tamén para Carmen e Susana 
pois Patri tamén este curso se quedou a axudar 
cando andábamos moi apurados. Graciñas Patricia!

Montxo rematouno días despois...


4- O día 20 fixemos unha extraescolar especial
 para que os de 4 anos remataran as bonecas... 
Anque Jimena non veu porque se puxo enferma.
Este ano houbo que barnizar as espigas pois estaban xa cheas de couza.


5- O día 21 fíxose o festival de danzas e 3 delas ensináronse
 ós asistentes que quixeron para bailalas xuntos.
A maioría ían coas camisetas feitas coa técnica que ensinou Lidia.
Mateo xa fixo tamén  a súa,
 pero el a fixo na casa para facer xunto coa do seu irmá,

coa mesma plantilla que lle preparou Lidia.

De momento non hai fotos de todas as danzas. 
Coa cámara da escola fixo as fotos Mónica, graciñas!
Primeiro bailamos a Polca dos nenos, que bailan 
un dos personaxes típicos  do famoso antroido de Binche-Bélxica.
Despois foi unha muiñeira
Logo a valsa "0 reloxio bateu 3 horas" 
Despois  a raspita seguido da saia da Carolina, 
a valsa "A miña primeira valsa"
 e o "Círculo circasiano" danza relacionada co personaxe do oso
 dalgún lugar do antroido europeo.
Logo ensinamos a todos o círculo circasiano,
 a polca dos nenos e a saia da Carolina
Despois tocoulle a vez ó rock dos animais 
finalmente todos xuntos fixemos a saia da Carolina...
Este mes traballáronse máis danzas pero no festival 
non se fixeron todas por non alongalo.

E logo houbo merendola para recuperar forzas...
porque o sábado anterior fixeron unha comida as familias
 e estiveron toda a tarde de xoldra...
pero non todos poideron asistir, por iso ese día non se poido facer o festival.
E ó final, este martes pola tarde tampouco  poido asistir
 Tania, porque se puxo moi maliña...


6- Finalmente Yasmín veu rematar o seu farol e facer a súa camiseta.
Xeila tiña o tear empezado do curso pasado 
e quedoulle así porque non veu traballar nel neste curso. 
Agora lévao para terminar de rematar na casa. 

7- Despois de 10 anos de Escola de Lago, do CRA de Valdoviño,
 para subir o do novo curso 16-17 en horario escolar,
 xa está aberto un novo blogue e un novo correo
 para traballar con eles e alixeirar as búsquedas.

Neste espacio extraescolar 
xa se verá se tamén se crea un novo blogue ou se se sigue neste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario