Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


viernes, 9 de octubre de 2015

Dálle que dálle na Escola de Lago- Outubro 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


Índice desta entrada:
 0- 
1- a extraescolar do día 7
2- a extraescolar do día 14
3- a extraescolar do día 21
4- a extraescolar do día 28
....................................................

1- Extraescolar do mércores día 7

2- Extraescolar do día 14
e o avó Vicente empezou a ensinarnos a facer nós mariñeiros.
Despois, ademais de xogar ó peón, á corda, etc,
miramos o ovo goro que nos tróuxo Candela.
Os ovos goros que poñen algunha vez na vida os galos (noutros sitios chámanse golos) non teñen xema ademais de ser moito máis pequenos que os ovos de galiña.
Ó final a clara do ovo goro caeulle a Sabela! Vaia Sabela!
Nesta zona cando algún ovo chocado por unha galiña non  eclosiona,
 chámase ovo goro.
en Internet limos que cando un se equivoca dise que golou o ovo...
e cando alguén é enganado dise que  gora o ovo...


3- O día 21 funcionaron moitos obradoiros:
de pintura con Carmen a nai de Jimena, de broches con Carmen a nai de Lía, e teares, bolsas de Apalpador, cadros de cartoliña, etc...
 con Susana, Laura e Sabela.
Antía rematou o seu tear e Candela tróuxo froitos do erbedelo
  para que probáramos. Graciñas Candela, sempre nos traes novidades!!
Estes froitos gústanlles moito ós paxaros e ós osos pardos 
(lembrade o escudo de Madrid  co oso e o "madroño")

O érbedo, albedro (de aí parece proceder o nome do aeroporto de Coruña: Alvedro), moroteiro, morodoeiro, amoroqueiro, morongueiro, érbedro, esbedro, erbedelo ou erbedeira é unha árbore (nome latino Arbutus unedo, que fai referencia a comer un só froito) que curiosamente ten froitos e flores ó mesmo tempo, as flores dun outono serán as froitas do outono seguinte. As bagas son comestibles cando están maduras, ben vermellas. Ó madurar producen a fermentación dos zucres da froita na mesma árbore e poden conter algo de alcohol. Por iso dise que emborrachan cousa un pouco esaxerada pero en Madrid usában os froitos maduros para cazar paxaros para cociñalos
pois os paxaros aparbábanse ó comer os amorotes.
Tamén conteñen taninos. Os froitos: morotes, amarotes ou amorodos, teñen propiedades moi beneficiosas 
pero tomando poucas en cada toma.
O bosque de érbedos chámase erbedal ou erbededo.
 Na serra do Caurel, en Galicia, quedan érbedos silvestres.
As súas follas recordan as do loureiro.
É unha árbore mediterránea.
Dí a mitoloxía que cando Heracles (Hércules) matou a Xerión (lembrade a lenda da Torre de Hércules) do seu sangue  naceu unha árbore que daba flores e froitos vermellos ó mesmo tempo, cando as Pléiades lucían máis fermosas no ceo, na constelación de Tauro,
 polo que se deduce que esa árbore é o érbedo.
mosaico de fotos, referidos ó érbedo, extraidas de Internet para servicio escolar:

4- O día 28 na extraescolar Lucía fixo o colar, pois non veu pola mañá, e fixéronse nós mariñeiros, pintura buscando tonos das cores,
seguíuse cos broches, cadros, bolsas... Estiveron todo o tempo Vicente, Carmen, Mari Carmen, Susana e Sabela.
Candela volveu traer froitos do érbedo e Vicente díxonos 
que eiquí se chama esbedro...

 Observamos coma cambia a cor da auga se metemos nela unha pelota de cor. Anque na foto non se aprecia moito...
Algúns  remataron traballos...

sábado, 12 de septiembre de 2015

Dálle que Dálle na Escola de Lago-Setembro- 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


Índice desta entrada:
 0- foto do grupo deste novo curso
1- as extraescolares iniciais
2- Sabela foi contar do noso programa de radio a Radio Filispim
3- O día 30 visita ó faro da Frouxeira 
e á capela do Portiño.
....................................................

1- Fixemos extraescolares  os mércores desde que empezaron as clases. 
2 mércores estivemos na aula iniciando traballos
 e facendo xogos populares, pero non fixemos fotos...
2- O día 25 Sabela foi a Radio Filispim ó Programa de Pequenos Monstros para falar das radios escolares e polo tanto tamén da experiencia en Dálle que Dálle nas Ondas, da escola de Lago
Esta foto é deles

2- O mércores día 30 fomos ó faro da Frouxeira coas familias
 e outros invitados, como Inés, vasca que estaba de paso por eiquí e que foi quen introduxo hai anos a Sabela na tradición do Olentzero 
que celebramos nós no Nadal.
Eramos máis de 43 persoas.
O faro ensinóunolo Mercedes, a fareira, e foi unha visita estupenda.
Graciñas a Lula e a Mercedes por tódalas atencións que tiveron con nós e polas camisetas e biseiras recibidas!

datos do faro: http://www.farosferrol.com/frouxe.htm

en: Faros de la Autoridad Portuaria de Ferrol - San Ciprián

Dá 5 destellos e é o primeiro de España en usar bombillas LED, de baixo consumo.
Mide 75 metros de altura
É o faro máis moderno  (rompe co modelo de faro tradicional)
 e vanguardista de Galicia.






Despois fomos á capela da Virxe da Estrela, ou do Portiño,
Mercedes Souto, veciña de Meirás, nola abreu.
Graciñas Mercedes!
Vicente, o avó de Tania, falounos tamén alí de cando se cazaban baleas e había unha fábrica de salazón.

Vicente, o avó de Tania, señalounos o pequeno muro que queda
 da anterga salazón que había, e non se percibe ben 
pois está cuberto de plantas...

Mercedes Souto, abreunos a capela e deunos estampas da Virxe.
 Graciñas Mercedes!!
A estampa ten unha poesía detrais que  curiosamente concorda coas crenzas anteriores ó cristianismo dós lugares que miran ó oeste e que eran portos do Alén (como en San Andrés de Teixido ou Santa Comba ou a Lanzada) para guiados polos animais psicopompos (guías dos mortos) cando se morre e se busca a barca de pedra que  leva ás almas no solpor desde eses portos do Paradiso para ir hacia as estrelas.
 Son lugares de fondas e antergas crenzas ligadas coa morte.

Coas camisetas que nos diron na visita ó faro. Graciñas!!!!
Estas fotos non se fixeron ata finais de novembro 
 por non traelas xuntos!!
Na escola estivemos traballando sobre os faros sobre todo en setembro e outubro pero algunha cousa rematouse aínda en xuño.
Podemos velo no blogue
apartado 20 do mes de outubro
e no apartado 3 de setembro

viernes, 4 de septiembre de 2015

Dálle que Dálle na Escola de Lago- Xuño 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


Índice desta entrada:
 1- en Radio Filispim
2- rematar os teares
3- encontro coas nenas que van entrar en setembro
....................................................

1- En Radio Filispim Tolea, o 13 de Xuño, nas actividades do 10ºAniversario da emisora da que formamos parte
 durante 3 anos e medio
unha representación para felicitar en nome de todos-as
foto Radio Filispim

2- Extraescolar despois de fin de curso.
Como se suspenderon as extraescolares durante 2 meses e medio
 polo accidente de Sabela, a finais de xuño a maioría
 viñeron rematar os teares.
 Ese día atoparon na estrada unha tartaruga que logo entregaron a alguén disposto a coidala...

3- coas nenas novas e os de 4 anos despois de que se rematara o curso e se reincorporara Sabela.

sábado, 11 de abril de 2015

Dálle que dálle na Escola de Lago- Abril 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


Índice desta entrada:

1- Extraescolar do día 7
2- Extraescolar do día 15
3- Despois foi o accidente de Sabela e xa
non houbo máis extraescolares
 ata finais de xuño.
........................................................................................ 
1- Extraescolar do día 7.
2- extraescolar do día 15 ....



jueves, 5 de marzo de 2015

Dálle que dálle na Escola de Lago- Marzo 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


Índice desta entrada:

1- Extraescolar do día 4
2- Extraescolar do día 11
3- Extraescolar do día 18
4- Extraescolar do día 25
........................................................................................ 
1- Extraescolar do día 4. teares e outros traballos e
de novo o xogo recordando a saída do oso...


Extraescolar do día 11 
Mentres fixemos a extraescolar Susana e Patricia
 seguiron pintando o patio... 
Extraescolar día 18


 día 25 empezando a Colorín para Xoana

sábado, 7 de febrero de 2015

Dálle que dálle na escola de Lago- Febreiro 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

 
Índice desta entrada:
 
1- O día 4 extraescolar.
2- Na extrescolar do día 11 estaremos en Santiago
aproveitando que fumos seleccionados e que imos á celebración do día da radio (adiantado por mor das celebracións escolares do antroido)
 con CampUS Culturae
na facultade de Ciencias da Comunicación
e pola tarde faremos visitas en Santiago
3- extraescolar na escola
........................................................................................ 
1- O día 4 na extrescolar os de 3 anos empezaron a facer festón no borde de cartuliñas e os maiores a diseñar os motivos para
  seu traxe da comparsa.
 
2- o día 11 fomos a celebrar o día da Radio con Campus Culturae
e pola tarde estivemos polo centro de Santiago.
Con fotos que nos enviou Sonia, e as da escola, do paseo arredor da catedral, dentro non fixemos fotos e cadrou que estaba con moitos andamios que cubrían partes importantes da catedral.
 As cartas do mago levantaron pasións...


 
 
3- extraescolar do día 25

 
 

viernes, 16 de enero de 2015

Dálle que dálle na escola de Lago- Xaneiro 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

 
Índice desta entrada:
 
1- O día 14 extraescolar.
2- o día 21
3- o día 29
 
........................................................................................ 
1- O día 14 extraescolar
 
2- O día 21 fixemos a extraescolar coas gravacións para
o día da radio de  Campus Culturae
pero os de infantil tamén pintaron
 
3- O día 29 cos teares, bolas para as mimosas e xogos cooperativos.