Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 6 de febrero de 2016

Dálle que Dálle na Escola de Lago- Febreiro 2016

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

O-




Índice desta entrada:
 0- 
.................................................................................
1- Extraescolar do día 3
2- Extraescolar do día 17
3- Extraescolar do día 24

....................................................
1- Extraescolar do día 3
ultimando cousas do antroido e as ex-alumnas seguiron coas mandalas de legumes

2- Extraescolar do día 17
Maricarmen tróuxo a idea de facer marcapáxinas e ela e Lola levaron ese obradoiro e ó final cos maiores iniciaron un conto. Mentres Susana e Sabela atenderon ós que pasaban os logotipos de legmes, que fixeron no antroido, á base dun cadro e ós que facían plástica con gominolas 

3- Extraescolar do día 24: o obradoiro de Lola (axudoulle parte do tempo Ana) traballou facendo agasallos imantados para poñer no frigo.  E os que acababan xogos



  O obradoiro de Lidia, coa axuda de Susana, fixo a impresión de camisetas usando unha impresora de troquelados (que lle prestaron, graciñas!!!!) para preparar as plantillas 
e logo con pinturas e o calor dunha plancha...



 Fixeron preciosas camisetas co o afilado de pinturas,  quedando o negativo do debuxo no papel: Gael, Marta, Elena, Antía, Montxo e Candela.
en días despois: de Ainara, Alba, Tania e Jimena.
de Lía, Lucía e Mauro

viernes, 15 de enero de 2016

Dálle que Dálle na Escola de Lago- Xaneiro 2016

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

O- O Apalpador deixou  nas casas estes preciosos "Atrapa-sonos" de artesanía familiar en cooperación... Deixounos nas bolsas feitas polos nenos e nenas para recoller o seu agasallo.
 Estes nenos e nenas nolos trouxeron a ensinar.
Están todos-as moi contentos-as!!!




Índice desta entrada:
 0- os agasallos do Apalpador na casa dos nenos e nenas
.................................................................................
1- Extraescolar do día 13: co antroido á vista e xogos.
2- extraescolar do día 20
3- extraescolar do día 27

....................................................

1- Extraescolar do día 13: co antroido á vista e xogos.

2- extraescolar do día 20
ensaiamos, seguimos cos traballos dos sacos e dos logotipos coas fabas...
pero, cos boreos,  esquecímonos de facer fotos...

3- extraescolar do día 27
Sigueuse completando algo do antroido e ensaios das cantigas pero sobre todo se fixeron xogos da Paz. O dos bandos da Paz que argallara Sabela na escola de Pantín foi a estrela desa tarde, anque polas mañás tamén xogamos a eles, as fotos son da tarde e participaron algunhas nais tamén nos xogos. As exalumnas que viñeron, Sara, Candela e Yasmín empezaron a facer mandalas de legumes motivadas polos traballos que lles viron ós nenos-as da escola.
Candela trouxo algúns legumes do Castro e algunha das variedades non as tíñamos. Graciñas a Candela, Patricia e os do Castro!!!!

sábado, 5 de diciembre de 2015

Dálle que dálle na escola de Lago- Decembro 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

O- todos debaixo do esquelete da balea


Índice desta entrada:
 0- foto de grupo no museo da SGHN de Ferrol o día 18
.................................................................................
1- extraescolar do día 2
2- a extraescolar do día 9
3- O día 12 tivemos que facer o Belén Vivinte porque o 20 son eleccións e a escola está ocupada (faltan por subir fotos),
o Tió catalán que trouxo o doce da festa, e o Olenzero vasco que tróuxo 2 xogos de billardas para a escola e tamén fixemos a festa.
4- o martes rematando as bolsas do Apalpador, viñeron a axudar pais.
5- a extraescolar do día 18 foi unha saída familiar: 
a visita ó museo de Ciencias da SGHN de Ferrol
6- despois de visitar o museo un neno e unha nena foron levar as tarxetas postais de todos a Correos
....................................................

1- Extraescolar do día 2: termináronse parte dos abetos de Nadal que propuxo Carmen e xogamos a "xogando ó escondite, no bosque..."

2- extraescolar do día 9:
os pequenos trasnos tamén idea de Carmen, 
coa axuda de Susana e Loli...

Mentres se ían facendo galletas das que se fan en Centroeuropa por San Nicolás, con Mari Carmen...

Graciñas a todas!! Foi estupendo, anque as monitoras non dábamos feito...
3- O sábado día 12 

faltan fotos do belén, da representación da noite do Apalpador,

do Tió catalán, do Olenzero vasco...
O Tió tróxonos o doce da festa
O Olentzero tróuxonos para a escola 2 xogos de billardas. 
GRACIÑAS A AMBOS!!!

4- O martes estivemos rematando nas bolsas do Apalpador viñeron a axudar pais e os de 4 anos rematáronnas. Os maiores  fixérono nos días seguintes, no horario escolar, pero van eiquí
 porque case toda o fixeron en extraescolares. 
A última rematouse o día 21.

POR FIN TODAS REMATADAS!

5- A extraescolar do día 16 foi unha saída: a visita ó museo de Ciencias da SGHN de Ferrol que as familias da escola levaban tempo demandando. As familias da escola de Lago queren facer saídas coa escola e para que poidan ir a maioría hai que facelas fora de horario de traballo. Berta foinos explicando pero non quixo fotos,
 por iso non a vemos! 






6- As tarxertas postais que se fixeron aproveitamos a que as levaran a Correos  2 encargados, despois de ver o museo.

domingo, 1 de noviembre de 2015

Dálle que dálle na Escola de Lago- Novembro 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

0- actividades culturais-sociais coa familia: esfolla en Doso nun marco de "cultura interactiva-lúdica e cultivo das relacións e o afecto "

Índice desta entrada:
 0- A familia con nós
......................................................................
1- extraescolar do día 4
2- a esfolla en Doso, Narón, o día 8
3- a extraescolar do día 11
4- a extraescolar do día 18
5- a extraescolar do día 25
....................................................

1- Extraescolar do día 4, pero non hai fotos con todos .os participantes
algunhas remataron traballos

2- O día 8 fomos á esfolla de Doso, Narón.
As fotos son de Eduardo, pai de Lía e de Mónica, nai de Yasmín.
Graciñas!!!





 Yasmín presentouse ó concurso de sobremesa e foi premiada.
Fotos que nos mandou Mari-Carmen, nai de Jimena:
Despois de ir a Doso, Jimena fixo estes bonecos co seu pai para agasallarlle a Lucía e Mauro.
O que se aprende en familia deixa máis estela...!

3- O mécores fixemos a extraescolar: bolsas do Apalpador, teares, broches... e xogamos a Martiño Pirulicio.
Pero non temos fotos.

4- Na extraescolar do día 18 estivemos coas bolsas do Apalpador e xogamos a "Da Habana veu un barco de..." referente a cousas de outono. As nais que axudan estiveron organizando cousas delas e só viñeron para axudar  nos remates dos broches que faltaban.

5- Na extraescolar do día 25 seguimos coas bolsas do Apalpador, os 2 últimos fixeron os broches e todos empezaron a pintar as pinas
para facer un abeto de Nadal que propuxo Carmen.
 Os broches foron idea de Carmen e ela foi a monitora con algún apoio doutras nais...
 Todos contentos os levaron por fin!!


As 2 pequeniñas xa remataron o seu segundo cadro

viernes, 9 de octubre de 2015

Dálle que dálle na Escola de Lago- Outubro 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


Índice desta entrada:
 0- 
1- a extraescolar do día 7
2- a extraescolar do día 14
3- a extraescolar do día 21
4- a extraescolar do día 28
....................................................

1- Extraescolar do mércores día 7

2- Extraescolar do día 14
e o avó Vicente empezou a ensinarnos a facer nós mariñeiros.
Despois, ademais de xogar ó peón, á corda, etc,
miramos o ovo goro que nos tróuxo Candela.
Os ovos goros que poñen algunha vez na vida os galos (noutros sitios chámanse golos) non teñen xema ademais de ser moito máis pequenos que os ovos de galiña.
Ó final a clara do ovo goro caeulle a Sabela! Vaia Sabela!
Nesta zona cando algún ovo chocado por unha galiña non  eclosiona,
 chámase ovo goro.
en Internet limos que cando un se equivoca dise que golou o ovo...
e cando alguén é enganado dise que  gora o ovo...


3- O día 21 funcionaron moitos obradoiros:
de pintura con Carmen a nai de Jimena, de broches con Carmen a nai de Lía, e teares, bolsas de Apalpador, cadros de cartoliña, etc...
 con Susana, Laura e Sabela.
Antía rematou o seu tear e Candela tróuxo froitos do erbedelo
  para que probáramos. Graciñas Candela, sempre nos traes novidades!!
Estes froitos gústanlles moito ós paxaros e ós osos pardos 
(lembrade o escudo de Madrid  co oso e o "madroño")

O érbedo, albedro (de aí parece proceder o nome do aeroporto de Coruña: Alvedro), moroteiro, morodoeiro, amoroqueiro, morongueiro, érbedro, esbedro, erbedelo ou erbedeira é unha árbore (nome latino Arbutus unedo, que fai referencia a comer un só froito) que curiosamente ten froitos e flores ó mesmo tempo, as flores dun outono serán as froitas do outono seguinte. As bagas son comestibles cando están maduras, ben vermellas. Ó madurar producen a fermentación dos zucres da froita na mesma árbore e poden conter algo de alcohol. Por iso dise que emborrachan cousa un pouco esaxerada pero en Madrid usában os froitos maduros para cazar paxaros para cociñalos
pois os paxaros aparbábanse ó comer os amorotes.
Tamén conteñen taninos. Os froitos: morotes, amarotes ou amorodos, teñen propiedades moi beneficiosas 
pero tomando poucas en cada toma.
O bosque de érbedos chámase erbedal ou erbededo.
 Na serra do Caurel, en Galicia, quedan érbedos silvestres.
As súas follas recordan as do loureiro.
É unha árbore mediterránea.
Dí a mitoloxía que cando Heracles (Hércules) matou a Xerión (lembrade a lenda da Torre de Hércules) do seu sangue  naceu unha árbore que daba flores e froitos vermellos ó mesmo tempo, cando as Pléiades lucían máis fermosas no ceo, na constelación de Tauro,
 polo que se deduce que esa árbore é o érbedo.
mosaico de fotos, referidos ó érbedo, extraidas de Internet para servicio escolar:

4- O día 28 na extraescolar Lucía fixo o colar, pois non veu pola mañá, e fixéronse nós mariñeiros, pintura buscando tonos das cores,
seguíuse cos broches, cadros, bolsas... Estiveron todo o tempo Vicente, Carmen, Mari Carmen, Susana e Sabela.
Candela volveu traer froitos do érbedo e Vicente díxonos 
que eiquí se chama esbedro...

 Observamos coma cambia a cor da auga se metemos nela unha pelota de cor. Anque na foto non se aprecia moito...
Algúns  remataron traballos...