Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


miércoles, 5 de marzo de 2014

Dálle que dálle na Escola de Lago- Marzo 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
 
Índice desta entrada:
1- extraescolar do día 12
2- extraescolar do dia 19
3- extraescolar do día 26
4- radio do día 31
.....
1- Como foi o antroido, non tivemos extraescolar ata o día 12.
Ese día Andrés, o pai de Gael, empezou a ensinar a traballar co pirogravado por quendas de dous e os demais, mentres, empezamos pulseiras de macramé para... unha sorpresa!!! con Loli e Sabela.
 
 2- extraescolar do día 20, Andrés sigueu guiando (en tandas de 3) no pirogravado e o traballo de queimado na beira do papel vexetal preparado coas explicacións sobre o debuxo pirogravado por cada quen.
Para pirogravar xa tivemos 3 pares de luvas pàra `protexer as mans dos nenos e nenas e adaptadas ó tamaño das súas mans....
Tamén se traballou nas outras cousas que había que rematar.

Algúns dos traballos feitos nas 2 extraescolares deste mes.
 
Moncho mirando o que sementamos na mesa de cultivo
 co seu fillo Montxo
porque Moncho foi fundamental para que o Olentzero nos trouxera a mesa de cultivo...!!!!
Debaixo vense 2 testos con aloe vera que nos trouxo Andrés ese día,
porque resultou que o que creiamos que era aloe vera nunha das xardiñeiras non o era...
Graciñas ós 2!!!
 
3- A extraescolar do día 26rematando de pegar e pintar as cabezas dos monicreques e empezar a facer os traxes.
ö final ensaios de baile de bollyvood.
 
4- programa de radio do día 31, este día puxemos a entrevista a Toni, sobre o Xapón. Saúdos Toni!!



Debuxos rápidos e espontáneos durante o programa
 
A hora e vinte de gravación en: 
 

sábado, 1 de febrero de 2014

Dálle que dálle na escola de Lago- Febreiro 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
 
O día 13 en Santiago: nenas-os, bebé, nais-pais, avoas-avó...
pola tarde no Museo do Pobo Galego
Foto de Andrés
 
Índice desta entrada:
1- extraescolar do día 5
2- extraescolar do día 12
3- Viaxe a Santiago
4- extraescolar do día 19
5- programa de radio do 24-2-14
e documentción grafica que nos pasou alberto sobre a India
6- extraescolar do día 26
.....
1- O día 5 na extraescolar continuáronse cousas: as cabezas dos monicreques; iniciaronse outras: colares e pulseiras de macramé para os traxes de hindúes...
 rematáronse outras: 2 debuxos inspirados en cadros de Vasarely, encadrados en rectángulos áureos
feitos por exalumnas e irmáns de alumnos.
 e xogos para a Paz: os bandos da Paz, de Sabela.
 
2- Extraescolar do día 12: buscando pasos de danzas hindúes con Lorena, colares, imprimir con carimbos hindúes que nos deixou a familia de Gael, etc.
 imprimindo con carimbos hindúes
 
3- Viaxe a Santiago
Foi contado o sucedido pola mañá en:
no apartado nº 9
 
pola tarde fomos ´ao museo do Pobo Galego
agradecemos o traspaso rápido de fotos de Andrés, Mónica e Angel
O Museo está no edificio de Santo Domingo de Bonaval
ninguén fixo a foto do exterior e collimos esta de Internet
todas as demais son nosas.
 

Mosaico con fotos de Andrés
mosaico con fotos de Angel

Con borde rosa as fotos de Mónica, en azul de Andrés, en verde de Angel
e en laranxa ou sen borde, de Sabela

 
 
 
 


 

 

 

 

 
 
 

a última pista que buscaron os nenos-as con Lola e outras nais: a copa no centro do patio do claustro!
 
 a merenda na terraza da cafetería do museo de Arte Moderno...
 
4- Extraescolar do día 19
primeiro veu Rosa, profesora de danza oriental que chamamos para ese día, para darnos unha clase de bollywood
e practicamos diante do gran espello...

Despois veu Toni, o tío de Candela, a facer a 2ª parte da entrevista (na primeira parte Candela fixo de reporteira preguntándolle as preguntas de todos) e a escribirnos os nosos nomes en xaponés, e logo, aproveitando, lle fomos pedindo que escribira os dos familiares... Nomes que todos levaron moi contentos para casa, só quedou na escola o nome da escola e o de Sabela, por certo dise "Sabera" eles non teñen ele.
Tamén nos trouxo un libro de xaponés e pinceis para escribir xaponés, de mostra.
Graciñas Toni e boa estancia en Madrid!!!
 
 5- O día 24 fixemos o programa de radio e tivemos de invitado s Alberto Balbona Naranjo, avó  paterno de Gael.
Esta vez todas as fotos son da cámara de Andrés.

El contounos sobre todo, da súa viaxe de cooperante
coa Fundación Vicente Ferrer, na India.
 Enlace:
http://www.ivoox.com/dalle-dalle-nas-ondas-n-31-da-audios-mp3_rf_2879526_1.html?autoplay=1
Foto no enlace:
 
Montxo, 5 anos, entretívose un rato facendo
debuxos da escena da radio
 Algunhas fotos que nos mostrou Alberto:
o hospital da fundación, a consulta do dentista, as próteses, mulleres dalí, nunha pequena excursión con amigos, xeitos de lavarse, a afillada Thulasi...

As inmersións nun río
 carta de Thulasi e invitación para un casamento... lingua telugu
Graciñas mil, avó Alberto!!!!  Namasté!!!
 
 6- extrescolar do día 26
algúns rematando as cabezas dos monicreques con Andrés, outros con colares, didemas, pulseiras e tobilleiras con nais e profe e... probas para o festoval e as danzas con Lorena e Loli.
 

domingo, 19 de enero de 2014

Dálle que dálle na Escola de lago- Xaneiro 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

Índice desta entrada:
1- O día 13 na extraescolar
a: embetunar cerámica
b: entear a mesa de cultivo
c: Gael mostrounos un dragón que fixo na casa
d: tamén David fixo grúas
2- o día 22 extraescolar
3- progama de radio do día 27
4- Extraescolar do día 29

.....
1- O día 13, na extraescolar, fixemos algo de varias cousas...
 1a: pero sobre todo embetunar algo da parte de cerámica
que logramos cocer en decembro.


1b - Tamén vimos a Montxo e Lola, e participamos no que se poido, entear a mesa de cultivo, porque hai que facelo cunha grapadora de tapiceiro e para usala necesitase moita forza.

1c- Gael tróuxonos a ensinar o precioso dragón que fixo co seu pai na casa...
 
1d: Grúas que fixo David
 
2- A extraescolar do día 22
traballo nos monicreques, algúns embetunaron...
 e empezar a preparar a terra na mesa de cultivo con capas de terra traida de casa e turba, con follas trizadas, cinza... iniciada polos de infantil.

3- programa de radio do día 27: sobre a Paz 


 
4- Extraescolar do día 29: limpar e embetunar barro, máis capas de papel ás cabezas de monicreques ou pintalas, grúas da paz... As nais probándolles traxes para antroido... un gran boreo!
 Finalizamos co xogo dos bandos da paz, en vez dos da guerra... con bailadas,
 aloumiños, apertas, bicos, cóxegas, voltas de ganchete, apertas, saúdo deportivo,
chocalas cinco, dar ánimo, bicos de nanuxo, etc, etc