Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


viernes, 15 de febrero de 2013

Dálle que dálle na escola de Lago- Febreiro_2013

Actividades voluntarias 
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:

Resumo desta entrada:
1- tarde do día 14
2- tarde do 21
3- radio do día 25
4- contas dos ditos de Amadora
5- a tarde do día 28
.......................................
0- o día 7 traballamos para rematar o do antroido

1- fixemos 4 caleidociclos novos e carautas de prato reutilizado.
 Xeila e Antía D. e Laura e Paula remataron os seus caleidociclos.

2- tarde do día 21 
  caleidociclos de Yasmín e Candela
3- O día 25 fixemos o programa vixésimo segundo, ou sexa o nº 22,
de Dálle que dálle nas Ondas, en Radio Filispim.
Falamos algo da Paz, do antroido pero sobre todo da matanza do porco.
Sara e Rosa fixéronlle a Amadora unha gravación na Ponte de Neira, perto da Pobra de San Xulián, ou San Xiao, perto tamén de Sarria e ademais a avoa Elvira contou das súas experiencias de matanza na zona de Guitiriz e logo en Narón.


 4- O día 26, na clase, comprobamos as contas do dito que dixera Amadora na gravación:    
                        3 cochos,
                        6 touciños,
                      12 patas,
                        6 orellas
                     e 3 rabos,
                fan 30 ben contados...
Cada un dos de 1º e 2º de primaria fixérono en libretas e os de 5 anos en folla, coma nos exemplos que puxemos na foto.
Tamén  contou:        Nin que mo contes, nin que mo digas,
                                 de cada cocho saen 14 morcillas...
E fixemos a conta para saber os anos que ten:

O día 28 pola tarde, entre outras cousas alguns  
empezaron os teares de farrapos: 1º a urdime e logo a tecer.... houbo xogos cos carozos das espigas de maínzo, Marta fixo un colar en serie...

jueves, 17 de enero de 2013

Dálle que dálle na Escola de Lago_Xaneiro 2013

Actividades voluntarias 
fora do horario escolar
 O último que fixemos en decembro foi o Belén Vivinte e a festa de Nadal. Todo foi preparado polas mañás pero se fixo pola tarde, e en domingo, para que poideran asistir todas as familias. Miguel estivo enfermo e non poido participar ese día, foi unha mágoa...! pero sí o fixo a súa irmá.
Iniciamos o ano con esta presentación coma un desexo de Bon Ano para o Dálle que Dálle na escola de Lago.
Se non escoitas a música desde o primeiro momento de iniciarse o pase de imaxes, dálle ó botón do soído que se ve pasando o rato pola pantalla da presentación, para escoitar a música:

Enlace co blogue da escola en horario lectivo:

Resumo desta entrada:
1- barro o xoves día 10
2- barro o día 17
3- barro día 24
4- xogo solidario das sillas
5- a radio o día 28
6- a tarde do día 30
.................................................................
1- barro día 8
2- barro día 17
3- O día 24 repasouse todo para preparar para ir ó forno.

4- Xogo solidario das sillas: 10 poideron meterse en 3 sillas!!!
5- O día 28 fixemos o programa de radio nº 21, foi sobre a Paz.


6- O día 30 pola tarde xa choiamos no do antroido pero os que non repasaran o barro o fixeron.... e trasplantamos só 4 plantas das que nos mandaron de Vilaboa porque non tíñamos máis tarros...

sábado, 8 de diciembre de 2012

DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO_ DECEMBRO 2012

Actividades voluntarias fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Resumo desta entrada: 
1- o programa de radio do día 3
2- a boneca que se lle entregou a Xabier para a exposición.
3- barro do día 13
4- o programa de radio do día 17
e a entrevista ao Apalpador!!!
5-as bolsas para o Apalpador

1- O día 3 de decembro fixemos, con retraso, o programa de radio correspondente ao mes de novembro.
As nenas de 3 anos: Elena, Marta e Antía G. estrenáronse!!!
 Tivemos de invitado especial a Xabier López García, mestre do CPI de A Capela, gran impulsor dos xogos populares dentro da programación das escolas.
 Neste programa houbo algún atranco técnico que impediu que Xabier nos explicara con máis tempo o que fan no seu centro e os proxectos que van empezar, pero virá outro día con máis compañeiros pois intentaremos facer un programa monográfico sobre as interesantes actividades que levan adiante no colexio e no museo etnográfico de A Capela.
2- A Xabier entregámoslle esta boneca que fixemos no horario escolar para a Exposición de xoguetes populares que teñen no seu centro.

3- barro do día 13

4- O día 17 fixemos o programa de radio nº 20!!! 



 Cando estábamos alí chegou o Apalpador e entrvistámolo!!!!
 Vaia sorpresa!! A pesares de que nós o convocamos maxicamente oola mañá, cando chegou... pois non dábamos creto!!!
 Graciñas Apalpador, ti si que es máxico!!!
a entrevista está colgada en:
Ollo, pero non está todo o programa!!!

5- O xoves 20, pola tarde, estivemos avanzando nas bolsas do Apalpador e nos debuxos para o concurso...

martes, 6 de noviembre de 2012

Dálle que dálle na escola de Lago_ Novembro 2012

Actividades voluntarias fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
 
 Resumo desta entrada:
1- o Samaín en Cedeira
2- a radio o día 5 
3- barro do día 8
4- na esfolla de Doso
5- barro dos días 15 e 22
6- inicio das coroas de Nadal
 
1- O sábado día 3 fomos a Cedeira para participar no Samaín deles, fomos 5: Sara, Mateo, Antía, Yasmín, e máís eu. Pasámolo moí ben. Fíxemos caveíras e agasalláronnos uns bolsíños con forma de caveíras e logo partícípamos nunha Gínkana na que tívemos que facer moítas cousas: buscar persoas, contar mouchos,
decir trabalinguas, ir a casa do medo... e aí pasamos susto !
Candela López Píta   
Tivemos que buscar un personaxe misterioso que resultou ser a señora
loira de pelo rizo que está con nós na foto de abaixo.
Era festa total en Cedeira, ata o ría Condominas brillaba.
Había caveiras preciosas que fixo a xente para concursar.

Sara conta:

2- O día 5 volvimos á radio. Fixemos 0 18º programa. Tíñamos que telo feito a finais de outubro pero o retrasamos por medo a ter problemas de emisión na radio.
Como agora está soa Patricia no control, atrevímonos este día xa porque nos acompañaba Fran, do programa Sonido Emergente.
pero a radio aínda non está a punto...
Graciñas Fran!!!
 Nesta volta toucoulle a Sabela Graña estar no control con Patricia, para ir aprendendo, e Sara axudou conducindo o programa.
 Desta vez veu Enrique, pai de Sara,
 a falar dos cogumelos xunto con Patricia, nai de Candela,
os dous son bos coñecedores.
Graciñas por  enriquecer o programa de Dálle que dálle nas Ondas!!!

3- o día 8 pola tarde, fixemos barro. Aprendemos xuntos nais e nenas-os pero como as nais aprenden rápido, axiña ensinan e apoian ás nenas e nenos que teñen ó lado...

4- A esfolla en Doso
Había 2 burros que trouxeron moitas espigas de maínzo.
Pasámolo moi ben!!!!
Gabriel Castrillón Fernández
A esfolla...



Ademais de esfollar tamén fixemos bonecas
e amasamos para facer tortas de pan na tixola...

Patricia fixo unha tartiña de cabaza para a ´degustación gastronómica. Estaba moi rica! Levou outra para merendar nós pero como comeramos moitas castañas, chocolate e tartas gardóunolo
para comer o luns na escola. Graciñas Patri!!
María, a profe de música, tamén foi e bailou...!
E tamén foi Fran, o que nos axudou as últimas veces na radio,
e tamén bailou...! Graciñas pola axuda na radio, Fran!
 Mosaicos de fotos de Moníca en Doso:
Algúns maiores da nosa escola foron vestidos como noutros tempos
 ambiente
ó final...!!!
5- O día 15 volveu a tocar barro.
 O día 22 outra vez barro e novo sistema de
limpado-raspado das mesas...

6- inicio das coroas de Nadal, o 29 de novembro.
Esa tarde primeiro fomos buscar poliñas de abeto, que era o que faltaba
Logo coas familias metímonos de cheo a facer as coroas de Nadal.
 Non fixemos moitas fotos pero estivemos moitos, enfaenados con elas...
Rematáronse ó día seguinte, na clase.